Skip to Content

Febreiro 2022

5º primaria no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O ALUMNADO DE 5º PRIMARIA FIXERON UN EXPERIMENTO FROTIS SANGUÍNEO

ANTES DE COMEZAR O EXPERIMENTO A CIENTÍFICA EXPLÍCANOS QUE É UNHA CÉLULA , AS SÚAS PARTES E OS DIFERENTES TIPOS .

A CONTINUACIÓN POÑEMOS UNHA BATA E UNHAS LUVAS E COMEZAMOS O EXPERIMENTO.

1º-  BOTAMOS O SANGUE NO PORTAOBXECTOS

COLLEMOS COA PIPETA UNHA PINGA DE SANGUE E A BOTAMOS NO PORTAOBXECTOS.

CON OUTRO PORTAOBXECTOS ARRASTRAMOS A PINGA DE SANGUE.

POÑEMOS O PORTAOBXECTOS CO SANGUE NA BANDEXA PARA QUE SEQUE.

2º. TINXIDO DO SANGUE

SUMERXIMOS O PORTAOBXECTOS CO SANGUE NOS TRES BOTES CON DIFERENTES COLORANTES UNS SEGUNDOS.

LAVAMOS O PORTAOBXECTOS PARA ELIMINAR O EXCESO DE COLORANTE.

DEIXAMOS SECAR NA BANDEXA.

3º. OBSERVAMOS NO MICROSCOPIO

COLOCAMOS O PORTAOBXECTOS NO MICROSCOPIO E OBSERVAMOS AS DIFERENTES PARTES DA CÉLULA, CADA UNHA DAS SÚAS PARTES ESTÁ TINXIDA DUNHA COR DIFERENTE.

NO MICROSCOPIO OBSERVAMOS QUE A MAIOR PARTE DO QUE OBSERVAMOS NO SANGUE SON OS GLÓBULOS VERMELLOS.

 

ORQUESTA PANTASMA

No mes de febreiro tivemos a visita da ORQUESTA PANTASMA, A Voar conta a historia da pequena Xoana quen, movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que a súa vida mudará, mostrándonos que só a través do coñecemento dos valores universais seremos quen da nosa vida mellorar.


 

 

 

23 Febreiro - ROSALÍA de CASTRO

O 23 DE FEBREIRO, Día no que celebramos o nacemento de Rosalía de castro, o corredor central do centro está decorado con nubes cheas con poesías "Sementamos pensamentos" ( a flor favorita de Rosalía de Castro).



by Dr. Radut