O pasado marzo celebramos o entroido centrándonos no proxecto que temos este curso : curiosidades dos animais. En 5º de PRIMARIA estudan os animais extinguidos, e nestas imaxes pódense ver as diferentes especies que estudamos en 5ºA.
O megalodón e o mamut
Rá incubadora gástrica e Rá dourada (próxima a extinguir)
Fixemos un pequeno experimento: a capilaridade nas plantas.
A capilaridade é a propiedade que teñen os líquidos para ascender a través dun tubo delgado contra a forza da gravidade. Esta propiedade aproveitana as plantas para transportar a auga e as sales minerais.
O que fixemos para demostrar este fenómeno físico foi o seguinte: Primeiro botamos un pouco de auga nun recipiente e engadímoslle colorante alimentario de cor azul (que é o que mellor tinxe).
A continuación introducimos un caravel de cor branco dentro do recipiente. Ao pouco tempo, observamos que a flor estaba cambiando de cor; Finalmente acabou poñéndose totalmente azul!!!
Tamén utilizamos margaritas brancas. Con este tipo de flor, o experimento tardou algo máis en funcionar.