Skip to Content

3ºA Primaria: A capilaridade nas plantas

 Cóntannos na clase de 3ºA:

Fixemos un pequeno experimento: a capilaridade nas plantas.


A capilaridade é a propiedade que teñen os líquidos para ascender a través dun tubo delgado contra a forza da gravidade.
Esta propiedade aproveitana as plantas para transportar a auga e as sales minerais.



O que fixemos para demostrar este fenómeno físico foi o seguinte:
Primeiro botamos un pouco de auga nun recipiente e engadímoslle colorante alimentario de cor azul (que é o que mellor tinxe).



A continuación introducimos un caravel de cor branco dentro do recipiente.
Ao pouco tempo, observamos que a flor estaba cambiando de cor; Finalmente acabou poñéndose totalmente azul!!!

 


Tamén utilizamos margaritas brancas. Con este tipo de flor, o experimento tardou algo máis en funcionar.

 

 Aquí un pequeno video-resume do experimento:

 



blog | by Dr. Radut