Skip to Content

Febreiro 2018

Xogando con palabras e números en 1ºA

Traballar a competencia matemática e a lingüística ,dito así en frío ,pode ser que a alguén non lle soe cercano...mais estes alumn@s de 1ºA estanas desenvolvendo mentres botan man destes xogos matemáticos ...

 

...e tamén destes xogos coas letras,porque no cole de Paradai os Venres Lúdicos dan para moito ! Xa nunca máis veremos o Parchís ou a Oca como simple entretemento,verdade?

Froita no recreo de Infantil

Esta primeira semana de reparto de froita no cole foi todo un éxito ! E debedes saber que non só estamos conseguindo que se alimenten dun xeito máis saudable,senón que tamén facemos fincapé na sicomotricidade fina ou hábitos de hixiene ao ter que pelar estas mandarinas...coa axuda das profes,claro!

Mirade este grupo de nenos e nenas de 3 anos,totalmente autónom@s,concentrándose en facelo o mellor posible ! De seguro que algún adult@ quedará abraiad@ ao ver como o fill@ come no seu mantel individual con total normalidade !  Un traballo na escola que se complementa na casa con naturalidade,e todos content@s !

Último venres lúdico de febreiro

O mes máis curto do ano xa vai case fóra e dalgunha maneira hai que celebralo,pode ser armando un puzzle que semmella imposible pero que vai tomando forma paseniño ou preparando material para colorear

Tamén se apuntaron os cativos e cativas de 4º B ao coñecido xogo de Quen é quen? e outros xogos de mesa para participar en equipo que lles resultaron moi divertidos.Quen  non desexaría un Venres así logo do esforzo semanal !

 

CONTRATOS PROGRAMA

No noso centro CEIP PARADAI traballamos para lograr unha equidade e excelencia na educación, intentando desenvolver as capacidades de todo o alumnado conforme as súas posibilidades e circunstancias e, para iso, organizámonos planificando os recursos do centro e desenvolvendo as actuacións necesarias para lograr uns obxectivos concretos a o largo de este curso 2017/2018.

Para mellorar a calidade educativa, traballamos as competencias clave, especialmente:

  • A competencia matemática
  • A mellora da convivencia no centro
  • A prevención das desigualdades entre nenas e nenos.
  • Aprevención do abandono temperán e do absentismo escolar
  • e o logro da excelencia educativa.

Buscando como fin último, lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolvendo ao máximo posible as potencialidades dos rapaces.

A continuación pódese ver un video resumo como traballamos CONTRATOS PROGRAMA:

 

 

 

 

 

ENTROIDO: Refraneiro galego

Entre todos os cursos solicitouse a colaboración das familias para que nos enviasen na plantilla que se axuntaba un refrán ou dito propio da nosa cultura galega que faga referencia ao Entroido, co fin de elaborar un Refraneiro galego, e este é parte do resultado:

 

Plan Proxecta,froitas na escola

Unha vez rematado o reparto de leite no recreo,comeza  o de froitas: naranxas e mandarinas, peras ,plátanos,mazás...serán repartidas a todo o alumnado seguindo o Plan Proxecta deste curso 2017-18.Con tal motivo,aconsellarase ás familias que abandonen durante este período o hábito da merenda matutina que adoitaban traer da casa.

                                            Do 15 ao 28 de febreiro

 

Venres Lúdicos co Tangram

E despois das vacacións de Entroido ... hai que volver ás aulas! Os nenos e nenas de 2ºB empezaron con moitas ganas co Tangram

 Esta actividade combina, entre outras moitas, a    xeometría ou a psicoloxía sen case decatarse ... e el@s poderían pasar toda a mañá xogando...e aprendendo !

            Por moitos máis Venres Lúdicos coma estes!

 

 

 

 

CONSUMO DE FROITA NA HORA DO RECREO

Estimadas familias:

Informámoslles que o noso centro está inscrito na Campaña de consumo de froita na edade infantil, entre os días 15 e o 28 de febreiro repartirase a todo o alumnado unha froita (unha diferente cada día) para tomar no tempo de lecer. Pedímoslles que o teñan en conta ao enviarlles a comida da media mañá.

Entroido en Infantil

Despois de longas  pero moi produtivas sesións de traballo, o resultado cos disfraces de Infantil non podía ser mellor ! Ollade est@s pescadores coa súa cana lista para lanzar:

E que dicir d@s apicultores ,non lles falta detalle ! Xa os veredes no Desfile de Antroido como locen os seu traxes  ao son da música! 

E xa só faltan os máis pequen@s,eses xastres e costureiras que fixeron moito máis colorido o noso Entroido en Paradai ! Grazas a tod@s !

Moitas grazas tamén ás familias pola vosa colaboración  !

animación

EMPEZA O HORTO ESCOLAR

 

O venres nove de febreiro comezará o programa Horto Escolar 2018

 

Un terrario en 2ºB

                 Trouxemos ao Centro un terrario que fixo unha viaxe por

                 case todas as aulas,eso si ,paseniño porque estaba cheo

                 de ...caracois !

  Podedes imaxinar a expectación que levantou:tod@s querían

    velos ,observar a súa vida no terrario e facer moitas preguntas

 A clase de 2ºB gravou un vídeo no que se aprecia a curiosi

dade propia dos nen@ pequen@s .Mirade no Adxunto e   

    disfrutade coma el@s !                                                       

E non vos perdades como viron a experiencia vivida aquí:

 

 

 

PROGRAMA de LÁCTEOS EN 4º A

Outro curso que se apunta a compartir as súas experiencias! A rapazada de 4º B nos envía estas fotos no momento antes de baixar ao recreo,cando toman o seu leite .Ben por el@s !

NA LUDOTECA

          No que se anunciou como un dos días máis

          fríos, moit@s quedaron a disfrutar das opor

          tunidades que nos ofrece a Ludoteca

Fóra ,tod@s con bufandas e luvas!

2ºA DISFRUTA DUN VENRES LÚDICO

 Estas caras xa o din todo! É venres e en Paradai temos os Venres Lúdicos!

 Collemos os xogos de mesa dos que dispoñemos e nos dispoñemos a pasar un tempo de lecer que nos dará folgos para a vindeira semana,seguro!

 



by Dr. Radut