Charla de Secretariado Xitano

A semana anterior tivemos a oportunidades de contar cunha Mediadora da Fundación Secretariado Xitano que nos falou non só dos posibles problemas que puidera haber,senón dalgunhas solucións para previr e solucionar os altibaixos que toda convivencia leva consigo

A verdade é que estivemos moi participativos e queríamos aportar moitas cousas ! Grazas por vir ao noso cole !

                               Grupo de 2º moi atento á charla

Peixes e un acuario en 2º B

Presentámosvos o traballo dos nenos e nenas de 2º B,esta vez con temática mariña.Aínda que a simple vista vos pareza un acuario e uns peixiños,hai moita vida nesas paredes e enriba desa mesa... Gostamos moito do motivo elexido e de como lles quedou!

 

 

Venres Lúdico en 2º B

   Encrucillados,sopa de letras e diferenzas.

Venres Lúdico en 2º B

 

Practicando a multiplicación con xogos

Venres Lúdicos en 6º B

                       Xogos de mesa 

Así preparamos a Actividade

Eleximos fotografías de persoas que ,sen importar o xénero,cor de pel,cultura...desenvolvían profesións con valía , determinación e mesmo sacrificio persoal ...

Baixamos colocalas no mural da entrada do Cole e os pequen@s de Infantil chegaron do outro edificio para seguir un pouco todo o que @s de Primaria ían achegando

Para rematar ,dúas estudiantes de 6º A  contaron cal ía ser a súa profesión nun futuro :a informática,un terreo moi masculino hoxe en día .. ata que se normalice grazas a rapazas coma estas !

                Grazas a tod@s por participar 

Rompendo estereotipos

Que mañá máis emocionante vivimos no cole o xoves 8 de marzo!

Cos nosos titor@s nas aulas xa falaramos dos oficios e profesións,de como desempeñaban as persoas o seu traballo,de quen era quen... case todos homes,a verdade !

E entón chegaron el@s...e racharon os nosos esquemas !

 

Porque nada resultou ser como nós pensabamos :

quen exercía a medicina  e a arquitectura,

a persoa que conducía un camión,

quen patrullaba de policía...

todas eran mulleres! 

E a que non adiviñades quen representaba o baile 

clásico e a enfermería ?

Pois si,homes !

Ah,e o cargo político máis alto da cidade era tamén

muller !  

 

Neste momento as preguntas empezaron a xurdir case espontaneamente;eran xa doutro tipo pois o  grupo de nen@s medraba en idade.

Houbo tamén moitas risas  pola sinceridade do alumnado,porque lle estaban a rachar cos estereotipos e algo lles chocaba,claro! 

 

Gostamos moito cando vimos que vestían as súas roupas de traballo a maioría  e que estaban disfrutando tanto coma nós,mesmo case con igual sorpresa nas súas caras !

 

E non sabemos que pensarán os demais,pero  esta experiencia non a imos esquecer nunca e seguro que nos vai servir para o futuro,para que se valore o traballo de todas as mulleres independentemente de a que se adiquen 

 

 Moitas,moitas grazas a est@s profesionais por vir e compartir esa xornada con nós! Foi unha oportunidade única! 

 

Pinchade no ADXUNTO para ver o vídeo

 

Escribimos o nome,Infantil de 3 anos

Dirán algunhas persoas que a lectura e a escritura en Infantil -e máis se se trata de alumn@s de 3 anos - é algo moi difícil de acadar.Pero esquecen o impacto que as novas tecnoloxías provoca nestas idades  tan temperás.

 

Aprender a escribir o noso propio nome empeza por recoñecer as letras que o compoñen,por ler esas letras,sinalalas,facer o trazo no aire...Se a todo iso lle poñemos unha música atractiva que che vaia estimulando os acertos nunha pizarra dixital como a desta aula,só queda practicar !

 E lembrade que o reforzo nas familias é fundamental para el@s !

Xogando con palabras e números en 1ºA

Traballar a competencia matemática e a lingüística ,dito así en frío ,pode ser que a alguén non lle soe cercano...mais estes alumn@s de 1ºA estanas desenvolvendo mentres botan man destes xogos matemáticos ...

 

...e tamén destes xogos coas letras,porque no cole de Paradai os Venres Lúdicos dan para moito ! Xa nunca máis veremos o Parchís ou a Oca como simple entretemento,verdade?

Último venres lúdico de febreiro

O mes máis curto do ano xa vai case fóra e dalgunha maneira hai que celebralo,pode ser armando un puzzle que semmella imposible pero que vai tomando forma paseniño ou preparando material para colorear

Tamén se apuntaron os cativos e cativas de 4º B ao coñecido xogo de Quen é quen? e outros xogos de mesa para participar en equipo que lles resultaron moi divertidos.Quen  non desexaría un Venres así logo do esforzo semanal !

 

CONTRATOS PROGRAMA

No noso centro CEIP PARADAI traballamos para lograr unha equidade e excelencia na educación, intentando desenvolver as capacidades de todo o alumnado conforme as súas posibilidades e circunstancias e, para iso, organizámonos planificando os recursos do centro e desenvolvendo as actuacións necesarias para lograr uns obxectivos concretos a o largo de este curso 2017/2018.

Para mellorar a calidade educativa, traballamos as competencias clave, especialmente:

  • A competencia matemática
  • A mellora da convivencia no centro
  • A prevención das desigualdades entre nenas e nenos.
  • Aprevención do abandono temperán e do absentismo escolar
  • e o logro da excelencia educativa.

Buscando como fin último, lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolvendo ao máximo posible as potencialidades dos rapaces.

A continuación pódese ver un video resumo como traballamos CONTRATOS PROGRAMA:

 

 

 

 

 

Venres Lúdicos co Tangram

E despois das vacacións de Entroido ... hai que volver ás aulas! Os nenos e nenas de 2ºB empezaron con moitas ganas co Tangram

 Esta actividade combina, entre outras moitas, a    xeometría ou a psicoloxía sen case decatarse ... e el@s poderían pasar toda a mañá xogando...e aprendendo !

            Por moitos máis Venres Lúdicos coma estes!

 

 

 

 

NA LUDOTECA

          No que se anunciou como un dos días máis

          fríos, moit@s quedaron a disfrutar das opor

          tunidades que nos ofrece a Ludoteca

Fóra ,tod@s con bufandas e luvas!

2ºA DISFRUTA DUN VENRES LÚDICO

 Estas caras xa o din todo! É venres e en Paradai temos os Venres Lúdicos!

 Collemos os xogos de mesa dos que dispoñemos e nos dispoñemos a pasar un tempo de lecer que nos dará folgos para a vindeira semana,seguro!

 

VENRES LÚDICOS

Chega outro xeito de xogar coas palabras na aula  da man dos pícar@s de 5 anos A e B :

 

Mais tamén hai tempo para o tradicional :

 

 ou o sempre divertido Twister!

 

 

 Botádelle un ollo premendo AQUÍ