Skip to Content

Maio 2018

Sarria

O mural resume de SARRIA:

Os alumnos de 3ºA coñececeron e estudiaron unha das lendas mais coñecidas da comarca de Sarria: O Castelo dos Setes Infantes". Tamén averiguamos datos sobre unha das festas mais importantes de Galicia e que teñen fonda pegada na comarca de Sarria: O San Xoán (falamos dos rituais, saltos do lume, herbas de San Xoan...)

 

 

 

 FEIRAS visto polos alumnos de 1ºA:

 

2º de E.P. visita San Paio de Narla

O día 23 de maio do ano 2018 os alumnos/as de 2º de Educación Primaria acompañados das súas respectivas titoras e a profesora de Música viaxamos á Fortaleza de San Paio de Narla (Friol) Lugo.

 

 

 

 Chegamos á Fortaleza con moita ilusión.

 

Xa dentro explicáronnos o que era a Fortaleza

 

Seguimos observando.....

Vimos a raiña da Fortaleza e falamos con ela....

 

                                       Fixemos rosquillas 

 

                      No máis alto da torre cantamos e vimos a paisaxe que rodea á Fortaleza

 

           Ao baixar da torre atopamos un tesouro!!!!! As nosas rosquillas......mummmm

 

                                       O rei agasallounos coas rosquillas!!!!! Que ricas!!!!

E ademáis doutras sorpresas esta visita chegou ao seu fin.....que ben o pasamos!!!!!

 

Un paseo polo Río Rato

 

O día 24 de maio de 2018 os alumnos de 5º e 6º de Ed. Infantil gozamos dunha saída escolar ao Río Rato, onde  observamos a natureza.

 

Paseamos polo Río Rato e vimos árbores autóctonas: bidueiras, amieiros ou freixos, fervenzas que levaban moita auga, animais: a ra de San Antón, pousada nos ranúnculos, merlos, e moitas prantas que non coñeciamos. Pareceunos todo moi bonito e interesante.

 

Tamén fomos visitar o Centro de Interpretación Terras do Miño, onde hai salas de exposicións: principiamos na sala de vídeo, onde nos puxeron un vídeo moi chulo para aprender a coidar o noso medio natural. Seguimos coa Sala do Río con artes de pesca tradicionais (batuxo, nasas, redote, etc.), a Sala do Bosque, onde poidemos ver os animais que forman parte da reserva da Biosfera das Terras do Miño e escoitar os seus sons: cegoña, miñatos, lavandeira branca, xabarí, curuxa, lontra, etc.

 

Aquí temos unha escolma das fotos que se fixeron. 

Non deixedes de facerlle unha visita. Paga a pena.

 

Onde está a Wally-Ra?

 Aí onde a vedes, esta ra pequeniña é un indicador biolóxico da calidade da auga dos nosos ríos.


 

 

 

Visitamos o Castelo de Pambre

O día 22 de maio de 2018 o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil gozamos dunha saída escolar ao Castelo de Pambre, collemos o autobús e aló nos fomos, ao municipio de Palas de Rei. 

 

 

Cando por fin chegamos, mentres as profes collían as entradas, os nenos sentáronse un pouquiño porque tivemos que dar un paseíño que mereceu a pena...que castelo TAAAN grande!  

 

 

 

 

 

Chegou o momento, imos ver como é o castelo por dentro...

Voltamos para a entrada porque escoitamos un ruído extraño... e decidimos facer un feitizo! 

 

TACHÁN, TACHÁN! 

Apareceu un cabaleiro!  

O cabaleiro explicounos cal era o seu traballo, as vestimentas típicas da época e deixounos coller a súa espada...e vaia como pesaba! 

 

Visitamos todos os recunchiños que puidemos...

 

E chegou a hora de irnos... pero antes o cabaleiro deunos un agasallo! 

 

Démoslle as grazas e despedímonos del, deica a próxima! 

 

 

 

Tráfico 4ºA

05/06/2018 09:00
05/06/2018 13:00

Actividade de tráfico 4ºA

Tenis de mesa

A pasada semana tivemos a oportunidade de ter unha "masterclass" de tenis de mesa, dentro do proxecto do centro CONTRATOS-PROGRAMA.
Con este proxecto búscase a prevención do abanono temperán e do absentismo escolar dos alumnos e alumnas motivándoos facendo deporte.

Nesta ocasión descobren o tenis de mesa:

 

Excursión a Avifauna

O Pasado venres 4 de maio, o alumnado de 3º e 4º de primaria, fomos de excursión
a Avifauna, un parque zoolóxico que está deseñado para a realización de visitas guiadas,
mediante un percorrido a través dun coidado xardín botánico no que os participantes
poden observar a riqueza e variedade de aves dos 5 continentes, repartidos
en 76 recintos.
Foi unha experiencia moi enriquecedora e pasámolo moi ben!!!

Alumnado de 5@ preparando acrosport

 Os alumnos e alumnas de 5º, tiveron a oportunidade de practicar acrosport nas sesións de Educación Física.

O acrosport é un deporte que combina acrobacia e coreografía.

Todos son imprescindibles para o desenvolvemento e consecución exitosa da tarefa, evitando a discriminación entre o alumnado.

Son moitos os beneficios do acrosport, non só nas sesións de educación física.

Desenvolvemento de actitudes de cooperación e participación.

 Axuda á integración de xéneros e á confianza entre compañeiros.

Axúdanos a comprender a importancia da individualidade dentro dun grupo, independentemente do papel que cada un realice. 

Todos son importantes.

A nivel físico : desenvolvemento do equilibrio, de elementos ximnásticos, do ritmo, da expresión corporal, de coordinación, de esquema corporal, etc.

Mariña

O plan proxecta continua no mes de marzo con A Mariña:

 

Este é o mural como resultado final:

 

Os alumnos de 3ºA dedicáronse as feiras e festas da comarca de A mariña, divindindo a zona en Mariña Oriental ( cos concellos de Trabada, Pontenova, Ribadeo e Barreiros), Mariña Central (Valadouro, Lourenza, Foz, Alfoz, Burela e Mondoñedo) e mariña Occidental (Cervo, Ourol, Viveiro e Vicedo). Investigaron sobre as feiras e festas mais importantes de cada unha das localidades, facendo un pequeno resumo delas.

Primeiro situámonos na provincia de Lugo:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os alumnos de 4ºA de primaria en colaboración con 2ºA de primaria, traballaron as orixes da Mariña:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Lugo e contorno

 Traballouse sobre os ORIXES pola clase 1ºB:

 

FEIRAS E FESTAS de Lugo Leste, feito por 3ºB:

LENDAS da clase de 4ºB:

 

Lugo

 

Os nenos de 5º traballaron a reo sobre os orixes da cidade de Lugo:

 Os alumnos/as de 2º de Ed. P. indagaron sobre as FESTAS:

 

 

Fonsagrada

No mes de decembro continuamos traballando no PLAN PROXECTA, para coñecer a contorna que nos rodea.

Os alumnos de 6 B traballaron  feiras tradicionaisfestas gastronómicas da Fonsagrada, concretamente sobre a festa do botelo e a festa da caza e da seta silvestre de Fonsagrada:

 

Como a festa da caza e da seta ecolóxica:

A festa do botelo (Fonsagrada):

Todos os alumnos de 2ºA buscaron información sobre lendas e refráns e fixeron este mural tan bonito e colorido, sobre o ARCO DA VELLA:

 

E por último, os alumnos e alumnas de 4ºB traballaron sobre os ORIXES da Fonsagrada:

Educación Infantil traballando no horto do centro

Neste mes de abril comezamos coas actividades do horto ó aire libre aproveitando a chegada do bo tempo.

A primeira sementa que fixemos foi de cebolas:



by Dr. Radut