Os alumnos e alumnas de 5º, tiveron a oportunidade de practicar acrosport nas sesións de Educación Física.
O acrosport é un deporte que combina acrobacia e coreografía.
Todos son imprescindibles para o desenvolvemento e consecución exitosa da tarefa, evitando a discriminación entre o alumnado.
Son moitos os beneficios do acrosport, non só nas sesións de educación física.
Desenvolvemento de actitudes de cooperación e participación.
Axuda á integración de xéneros e á confianza entre compañeiros.
Axúdanos a comprender a importancia da individualidade dentro dun grupo, independentemente do papel que cada un realice.
Todos son importantes.
A nivel físico : desenvolvemento do equilibrio, de elementos ximnásticos, do ritmo, da expresión corporal, de coordinación, de esquema corporal, etc.