Skip to Content

Blogues

Imos ó cine!

O último día deste curso, nenos e nenas do CEIP Paradai vivimos a experiencia de ir ó cine para ver a película Do revés 2.

Que emoción!

 

Ata o vindeiro curso!

Dime que fixeches

Dentro dos actos de fin de curso, o alumnado de 5 anos realizamos a coreografía para a canción "Dime que fixeches", de Migallas Teatro.

 

Aquí, facendo os ensaios...

O xoves 20 de xuño...

 

 

Bichos e máis bichos

O entomólogo santiagués, Miguel Santamaría, veu ao noso colexio a facer un obradoiro de bichos. Falou e amosounos insectos bastante raros e outros bichos que nunca vimos. Ó principio, algúns daban algo de medo, pero a maioría dos nenos e nenas rematamos a sesión tocándoos ou colléndoos (con moito coidadiño e sen facer nin chis, para non molestalos…)

Vámonos ao cine

E como despedida a este curso tan axetreado, vámonos ao cine a ver a película de "Inside out2" sobre as emocións que estivemos traballando na aula: alegría, ansiedade, medo,vergoña,etc

Ademais as profes prepararon un video de despedida que vimos na gran pantalla.

Visítanos un biólogo

Que sorte temos neste cole!Hoxe veu visitarnos un biólogo para ensinarnos moitos insectos e curiosidades e até puidemos romper con algún que outro medo!

Poñemos en funcionamento a Aula móbil

Co fin de que o alumnado se familiarice co uso das novas tecnoloxías, o alumnado de primeiro fixemos uso da Aula Móbil da que dispoñemos no centro, para realizar dictados coloridos de maneira autodidacta e buscar animais exóticos.

As nosas mascotas

Durante o terceiro trimestre estivemos rematando o Proxecto dos Animais en Ciencias da Natureza e para elo, quixemos endulzar a fin do mesmo coa participación das familias na actividade "As nosas mascotas", mediante a cal as familias que participaron de xeito voluntario trouxeron as súas mascotas; cans, gatos e ata vermes de seda.

 

Vámonos a cine

E de despedida para este curso tan axetreado vámonos todo o centro ao cine ver a película de "Inside Out 2". Que emoción!

Ademais as profes fixeron un vídeo de despedida para todo o alumnado que vimos na gran pantalla.

Ven a visitarnos un biólogo

Que sorte temos neste cole!Hoxe veu de visita un biólogo para ensinarnos moitos insectos e coñecer moitas curiosidades deles.

Os nenos e nenas de primeiro e segundo desfrutaron moito desta experiencia na que tamén romperon cos medos!

Visita á AVIFAUNA

A finais do terceiro trimestre o alumnado de segundo pasou un día marabilloso en Avifauna,albiscando moitas especies de aves e aprendendo algunhas curiosidades sobre estes preciosos animais.

 

Día do Medio Ambiente

O Día do Medio Ambiente o alumnado de segundo preparou a súa etiqueta APAGA A LUZ ACENDE O PLANETA, como paso final a todo este proceso onde empregamos os vasos dos iogures moldeados con arcilla e pintados con temperas para despois plantar unha semente que xa está a brotar!

LIBROS TEXTO CURSO 2024/2025

Estimadas familias, adxuntamos o listaxe de libros de texto para as diferentes etapas educativas.

(Prema na etapa correspondente)

Educación infantil

1º e 2º Educación primaria

3º e 4º Educación primaria

5º e 6º Educación primaria

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut