O entomólogo santiagués, Miguel Santamaría, veu ao noso colexio a facer un obradoiro de bichos. Falou e amosounos insectos bastante raros e outros bichos que nunca vimos. Ó principio, algúns daban algo de medo, pero a maioría dos nenos e nenas rematamos a sesión tocándoos ou colléndoos (con moito coidadiño e sen facer nin chis, para non molestalos…)
E como despedida a este curso tan axetreado, vámonos ao cine a ver a película de "Inside out2" sobre as emocións que estivemos traballando na aula: alegría, ansiedade, medo,vergoña,etc
Ademais as profes prepararon un video de despedida que vimos na gran pantalla.
Que sorte temos neste cole!Hoxe veu visitarnos un biólogo para ensinarnos moitos insectos e curiosidades e até puidemos romper con algún que outro medo!
Co fin de que o alumnado se familiarice co uso das novas tecnoloxías, o alumnado de primeiro fixemos uso da Aula Móbil da que dispoñemos no centro, para realizar dictados coloridos de maneira autodidacta e buscar animais exóticos.
Durante o terceiro trimestre estivemos rematando o Proxecto dos Animais en Ciencias da Natureza e para elo, quixemos endulzar a fin do mesmo coa participación das familias na actividade "As nosas mascotas", mediante a cal as familias que participaron de xeito voluntario trouxeron as súas mascotas; cans, gatos e ata vermes de seda.