Skip to Content

Blogues

Todos somos UMA nalgún momento!

Todos somos Uma nalgún momento. A través desta lectura o alumnado de segundo achegouse á concienciación contra o acoso escolar que se celebra o 2 de maio.

Elaboramos avións e barcos para seguir a nosa viaxe sendo moi moi., moi rarxs!

Semana do libro

En segundo celebramos a Semana do Libro creando estos mini contos tan orixinais que compartimos na hora de ler cos nosos compañeiros e compañeiras.

Visita da alcaldesa

A semana pasada o alumnado de segundo e terceiro B tiveron unha visita moi especial, a da nosa alcaldesa Paula Alvarellos. Nela puideron facerlle moitas preguntas sobre  seu traballo e tamén algunha que outra suxestión como a limpeza dos parques ou a necesidade de poñer un paso de peóns para cruzaren cando van á piscina.

Visita da alcaldesa

Na semana pasada tivemos a visita da nosa alcaldesa Paula Alvarellos. Os nenos e nenas de primeiro e terceiro A puideron facerlle moitas preguntas sobre o seu traballo e tamén algunha que outra suxestión como a de poñer un paso de peóns para cruzar cando van á piscina.

SEMANA DO LIBRO

Con motivo do Dia do Libro, tivemos na biblioteca unha sesión de contacontos en inglés coa colaboración de Lillie, a  nosa auxiliar de conversación das seccións bilingúes, e coa axuda dos alumnos de 6º de primaria que nos relataron o conto de "How Maui caught the sun".

 

 

Tamén contamos coa colaboración dos rapaces de prácticas que nos relataron este mesmo conto en castelán : "¿Cómo Maui capturó el sol?", para infantil e primeiro ciclo de primaria.

 

Visita sorpresa

Hoxe tivemos unha visita moi especial, un xogador do Lugo achegouse ata o cole para regalarnos entradas para o partido deste sábado no Anxo Carro. Os seus sorrisos dino todo.

Forza Lugo! Moitas grazas!

Un libro, unha rosa!

O alumnado de segundo celebra o Día do Libro elaborando a coñecida flor de Sant Jordi que levaron de agasallo para as súas casas.

Foi todo un proceso manual!

Día do Libro

Hoxe 23 de abril, o alumnado de prácticas con motivo do Día do Libro interpretou ao alumnado de primeiro, segundo e terceiro unha lenda maorí:"Como Maui capturó el sol", empregando a técnica do KAMISHIBAI.

 

O Bosque da diversidade

Nesta terceira sesión da Hora Muse o alumnado de segundo estivemos continuando o noso Bosque da diversidade.

 

Que necesario é entender e valorar a importancia de que cada quen pode brillar con luz propia e de que xuntos somos máis fortes!

 

Día do Libro

Hoxe o alumnado de prácticas con motivo do Día do Libro interpretou ao alumnado de primeiro, segundo e terceiro unha lenda maorí "Como Maui capturó el sol" empregando a técnica do KAMISHIBAI.

 

As manchas de Palmira

 

Hoxe o alumnado de primeiro con motivo do Día do Libro contamos o conto: As manchas de Palmira, no que seguimos traballando co proxecto dos animais e valoramos a importancia da nosa historia persoal.

Logo elaboramos este bonito marcapáxinas.

O Bosque da diversidade

Nesta terceira sesión da Hora Muse o alumnado de primeiro continuou pintando o seu Bosque da diversidade.

Que importante é entender  e valorar que aínda que todos somos diferentes, todos e todas temos o dereito a brillar con luz propia e que xuntos sempre somos máis fortes.

Unha de repaso! Xogando coas mates!

Esta semana os alumnos e alumnas de primeiro estivemos traballando con Lara, a profe de prácticas a táboa do 100 a través de pequenos retos.

 

Dende formar casiñas con números pares e impares, ordenar os números nunha longa serpe, facer un ditado colorido, practicar a escritura de todos os números e ata crear un código de díxitos para escribir o seu nome.

*GRAZAS POR TODO O APRENDIDO*

Día do Libro

Actividade feita polo alumnado de infantil

para conmemorar o

Día do Libro.

 

 

 

O mércores 24, o alumnado de prácticas agasallou aos cursos de educación infantil ca lenda maorí:

"Cómo Maui capturó el Sol",

adaptada por eles, e empregando a técnica do retroproxector...

 

Teatro para escolares de Afundación: "Pingüin".

Este luns, 22 de abril, anticipándonos ó Día do Libro, gozamos ca obra de monicreques chamada "Pingüin", a nova obra de Afundación, no auditorio "Gustavo Freire".

 

 

 * Fotos orixinais da segunda composición escollidas da guía didáctica, facilitada na páxina de Actividades escolares Afundación - Obra Social Abanca:  https://escolares.afundacion.org/es/actividad/pinguin/

 

Distribuir contido


by Dr. Radut