Skip to Content

Novembro 2018

30 de novembro: XVIII Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

O curso de 5º de PRIMARIA do noso centro, tuvo a ocasión de participar no acto institucional que se celebrou na Mosqueira para celebrar o décimo oitavo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade, e cantaron todos xunto o Cumpleanos feliz.

Preme na imaxe seguinte no periódico da Voz de Galicia:

 

 

E na seguinte imaxe podese ver o video e o ben que o fixeron:

 

 

Algúns alumnos de 5 anos fixémonos eco da noticia sobre a celebración da maioría de idade da nosa muralla. E para iso, para a sección de Novas do noso corcho, cada un de nós debuxamos a tarta xigante de chocolate. Qué mágoa non poder catala!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LEITE E FROITAS

Qué ganas temos de que veñan as froitas para papalas todiñas. Mentras esperamos, os nenos de 5 anos fixemos os manteis individuais que necesitamos para non manchar as mesas. A ver se outros cativos se animan a facer os seus. Mirade que eses pasteis tan ricos só son para decorar esa foto. Nós sabemos comer sá.

O ALUMNADO DE 5 ANOS CONTA UN CONTO

Ola a todos!

O 8 de novembro deste ano os nenos e nenas de 6º de infantil fomos a contarlles o conto "A estreliña de mar" aos pequerrechos da gardería de San Fiz.

Este conto xa o inventáramos no curso pasado, ca axuda dunha profe que estivo a facer as prácticas na nosa aula. E como quedara tan bonitiño o traballo, non sí? (caixas de zapatos pintadas e decoradas con debuxos de animais do mar), aproveitamos que a nosa profe non tirara as caixas (nosa nai, onde as gardaría?!) e alá fumos.

Pasámolo moi ben, e eles cremos que tamén.

 Despois, como agasallo, cantamos a canción de "Corre corre, cabaciña".

  E estos son alguns pequerrechos que disfrutaron da función. Sonche ben cuquiños.

 

 

CosmoCaixa: Planeta Móvil

Como todos os nenos e nenas deste colexio, os alumnos de 5 anos tamén disfrutamos do planetario-iglú que chegou ao noso centro.

Uf, case que non podíamos entrar pola porta tan estreita; e eso que somos pequeniños, pero tivemos que entrar moi rapidiño se non queríamos que o iglú se desinflara e caera sobre as nosas cabezas. Despois, xa asentados, empezamos a viaxar polas nubes, polo espazo ... acompañando a unha nena moi curiosa, que sabía camiñar ao revés.

 

Os nenos e nenas de tres anos tamén disfrutaron do planetario:

 

Apadriñamento lector

O programa de apadriñamento é un proxecto de titoría e aprendizaxe entre iguais, de diferentes idades, que intenta crear un ambiente cooperativo e unha relación de afectividade para o ensino-aprendizaxe entre alumnos de diferentes niveis educativos.

Este proxecto ten por obxectivo facilitar a integración dos alumnos no centro escolar, e despois da boa acollida do ano pasado, neste curso decidimos amplialo.

O apadriñamento consiste en que o alumnado dos cursos superiores acompañe aos dos cursos inferiores, tanto en conmemoracións conxuntas realizadas dentro do centro, como nas saídas.

O venres pasado 16 de novembro, levouse a cabo unhas lecturas compartidas dos nenos e nenas de 6º os pequenos e pequenas de 1º.

A continuación, pódese ver os atentos que estaban:

 

 

 

Con esta actividade, conseguimos propiciar así a responsabilidade, as relacións sociais entre iguais e as habilidades sociais.

 

Voz Natura

O proxecto Voz Natura promove a necesidade de coñecer a biodiversidade dos bosques galegos, a súa fauna e a súa flora:

-Coñecer os beneficios directos e indirectos dos montes de Galicia.

-Sensibilizar ao alumnado da necesidade de protexer os montes.

-Promover e impulsar o respecto, coidado e goce das nosas árbores e espazos naturais.

Realizaremos actividades de plantación de árbores autóctonas: castiñeiros, carballos, abeleiras, loureiros; especies que se ven hoxe ameazadas pola rápida extensión do eucalipto. Esas plantas serán doadas para a reforestación dos nosos montes.

A realización das plantacións actúa como eixo en torno ao cal articulamos unha importante cantidade de contidos relacionados coa preservación da nosa contorna.

 

Cosmocaixa: Planetario móvil

 

A semana do 12 ao 16 de novembro, gozamos no centro dun planetario móbil, grazas á FUNDACIÓN LA CAIXA.

 No planetario gozaron todos os alumnos e alumnas de dúas sesións, unha visión das estrelas e un conto.

O conto era "A nena que sabía camiñar ao revés": 

Tivestes algunha vez as estrelas ao alcance da man? Creedes que é posible alcanzalas? Tocalas? Unha vez viviu alguén que podía facelo, alguén que estaba afeito pasear entre estrelas. Ese alguén era unha nena, a Nena que sabía camiñar ao revés. É un personaxe moi especial: Coñece os segredos que garda a Lúa, sabe escoitar as mareas e adoita falar cos árbores… Pero o que máis lle gusta facer é comer torta cos seus amigos mentres contempla o ceo estrelado. Quizá por iso hai tempo que aprendeu a camiñar ao revés, para poder ter sempre o ceo baixo os seus pés.

A Nena que sabía camiñar ao revés é un conto boca abaixo e unha historia que nos convida a contemplar o que nos rodea desde un novo punto de vista. Todo é diferente e alí onde antes viamos soamente adoito agora, quizá, podamos ver o ceo.

¡

 

Proxecto: curiosidades dos animais

Neste curso 2019/2019 traballaremos en todo o centro, un proxecto en común: CURIOSIDADES DOS ANIMAIS.

Cada curso investigará un tema diferente:

  • En EDUCACIÓN INFANTIL os peixes.
  • Primeiro curso: as aves.
  • Segundo curso: os insectos.
  • Terceiro curso: os mamíferos.
  • Cuarto curso: anfibios e réptiles.
  • Quinto curso: extinguidos.
  • Sexto curso: marinos (non peixes nin mamíferos).

 

Ao longo do primeiro trimestre, dedicarémolo a investigar, para iso, a nosa biblioteca preparouse cunha selección de libros coidadosamente elixidos para cada tema a tratar: 

 


 

Tamén se ambientou cunha pequena selva:

o Polo Norte:


O deserto:

Ata temos quenllas e tartarugas no noso mar!


Cada clase ten a súa pequena selección para traballar:

 

 

 

A nosa biblioteca virtual.

Comezamos este curso recomendando a nosa BIBLIOTECA VIRTUAL, onde podedes consultar o noso gran fondo de libros:

(Pulsar na imaxe:)

Os alumnos co seu carné de biblioteca, nas horas de lectura que teñen asignadas á semana, poden retirar os títulos consultados.

E consultar as últimas novidades que chegan ao centro!

(Pulsar na imaxe)

Onde os nosos pequenos lectores poden deixar a súa opinión nas súas últimas lecturas:

Opinións libros

 

 

Tamén temos unha selección para pais e nais!



by Dr. Radut