Día do libro

 

Hoxe, 23 de abril de 2018,  conmemoramos na escola o DÍA DO LIBRO. O alumnado de 6ºB de primaria, foi ler un conto ao alumnado de 4º A e 4º B. Para iso, xuntámonos todos na mesma aula e escoitamos con moita atención aos nosos compañeiros/as. Fixeron unha pequena representación dun pequeno conto; MARIQUIÑA, do libro Mar adiante, de María Victoria Moreno, autora á que se adican este ano as Letras Galegas. Antía, recitounos un poema que ela mesma inventou.

Moitas grazas a todos/as!!!