Comunicados
Para mellorar a comunicación co noso alumnado e as súas familias solicitamos encarecidamente que instalen nos seus teléfonos a aplicación ABALAR MÓBIL e permitan as súas notificacións. A través dela poderemos enviar e recibir notificacións dun xeito máis áxil e rápido. E nos impresos de matrícula faciliten os números de teléfono actualizados.
A DIRECCIÓN
EN CUMPRIMENTO DO REAL DECRETO 463/2020 DE 14 DE MARZO, POLO QUE SE DECLARA O ESTADO DE ALARMA PARA A XESTIÓN DA SITUACIÓN DE CRISIS SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19, ESTE CENTRO NON ATENDERÁ PRESENCIALMENTE, ATA O FIN DO PERÍODO DE VALIDEZ DO CITADO DECRETO.
O EQUIPO DIRECTIVO MANTÉN A ATENCIÓN A DIARIO NO TELÉFONO DO CENTRO, 881 867 126, EN HORARIO DE 10:00H A 13:00h, E NO CORREO ELECTRÓNICO DO CENTRO, NO ENDEREZO ies.xulian.magarinos@edu.xunta.gal, E ACUDIRÁ AO CENTRO POR QUENDAS NO CASO DE SER REQUIRIDO POR ALGUNHA CAUSA DE FORZA MAIOR, DEBIDAMENTE XUSTIFICADA.
SEGUIREMOS MANTÉNDOVOS INFORMADOS/AS DAS NOVIDADES A TRAVÉS DA PÁXINA WEB, DO NOSO FACEBOOK E POR MEDIO DE ABALAR MOBIL
A DIRECCIÓN
A partir de mañá venres suspéndense as actividades lectivas. Mañá haberá transporte pero a asistencia é voluntaria, e a partir do luns 16 o centro permanecerá pechado durante 14 días.
De novo, como anos anteriores, temos unha boa nova que comunicarvos. Fomos seleccionados na convocatoria actual dos Contratos-Programa, plans dirixidos á mellora do éxito escolar.
Os plans do IES Xulián Magariños incidirán nos seguintes ámbitos de actuación:
1- Reforza-T (Acompañamento fóra do horario lectivo) para mellorar competencias básicas en matemáticas e ciencia e tecnoloxía e en comunicación lingüística. Dirixido a alumnado de 1 e 2 ESO.
2- Mellora das competencias clave (A,B,C) co establecemento de grupos de reforzo
3-Iguala-T para establecer accións de promoción da igualdade e prevencións de violencia de xénero
4-Con-VIVE para desenvolver medidas que favorecan a convivencia e bo clima no centro e nas aulas
5- Inclue-T para poñer en marcha medidas de atención a diversidade
7- Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia (dentro do cal ofrecemos o Club de Programación)
8-Mellora da calidade na xestión de centros
9-Reforzo das competencias clave en 3 e 4 ESO con acomañamento fóra do horario lectivo (A)
A firma do Contrato Programa, que terá lugar a volta das vacacións, ven ratificar a liña educativa seguida polo IES Xulián Magariños e supón poder dispoñer de máis recursos económicos e humanos para levar a cabo o noso labor.
A INFORMACIÓN SOBRE ESTA CONVOCATORIA A PODEDES ATOPAR NO PORTAL EDUCATIVO
Cadro horario definitivo coas horas de atención a pais nais e titores do alumnado, ordeado por departamentos. Curso 2019-2020
Mañá mércores terá lugar o acto oficial de inicio de curso no Ies Xulián Magariños. Contaremos coa asistencia dos alcaldes de Negreira e A Baña e a Inspección Educativa, e o persoeiro homenaxeado será o Profesor Miguel Ángel Santos Rego, catedrático na Universidade de Santiago de Compostela, director do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e entre outros moitos galardóns, Premio Nacional de Investigación Educativa en 2008. Impartirá unha conferencia para o alumnado de 4º ESO, Bacharelato e Ciclos Medio e Superior titulada " A Educación diante da sociedade do coñecemento: retos asumibles". Será no salón de actos as 12:30 horas.
Tamén se presentará a X edición do premio de Investigación Humanístico, organizado polo IES Xulián Magariños, que levará o seu nome e está dotado con 300€.
Estimados/as pais/nais/titores do alumnado do IES Xulián Magariños:
Como xa informamos anteriormente, este curso o instituto ten previsto mellorar a comunicación coas familias continuando coa difusión do uso da aplicación gratuíta da Consellería de Educación “Abalar Móbil”. Esta aplicación vos vai ofrecer vantaxes como:
• Consultar as cualificacións dos vosos fillos e fillas
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as incidencias creadas polo profesorado
Todas aquelas familias interesadas podedes asistir a unha reunión informativa que se celebrará no salón de actos do instituto o vindeiro martes día 8 de outubro ás 19 horas. É recomendable (aínda que non imprescindible) que, antes de asistir, descarguedes no voso terminal móbil a aplicación desde Apple Store ou desde Play Store.
VER COMUNICADO OFICIAL DO CENTRO
________________________________________________
Lembramos que a partir deste curso 2019-2020 as canles preferentes de comunicación coa comunidade educativa serán a aplicación oficial da Consellería de Educación “Abalar Móbil” e a páxina web do centro, co obxectivo é axilizar o envío de avisos e evitar o despilfarro de papel.
RECOMENDAMOS encarecidamente que os pais, nais e titores legais do alumnado instalen dita aplicación e a usen. Está dispoñible para telefonos Android e Iphone. Tamén é moi importante que consulten regularmente a web do centro.
Para o bo funcionamento da aplicación debemos ter nas nosas bases de datos o nº de telefono móbil dos responsables actualizado.
Ligazón á información sobre a aplicación Abalar Móbil na Consellería de Educación
Listaxe definitiva de adxudicación de libros do fondo solidario
O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2019/20 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non tivesen presentado solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo de 1 mes desde a formalización da matrícula.
Informamos ás familias que non se apresuren a mercar os libros de texto pois prevemos que pode haber materias nas que os exemplares dispoñibles no centro dos libros de texto sexan suficientes para todo o alumnado matriculado.
Polo momento, podería haber libros suficientes para todos os alumnos/as nas seguintes materias :
1º ESO : Inglés
2º ESO : Relixión e inglés
3º ESO : Bioloxía e Xeoloxía e Lingua Galega
4º ESO: Matemáticas aplicadas, Lingua Castelá e Xeografía e Historia ( xa que o alumnado que a curse bilingüe non usará libro de texto).
Insistimos en que é unha previsión xa que a matrícula non se pechou definitivamente polo que non podemos asegurar que finalmente todos/as poidan levar prestados eses libros de texto.
Queremos agradecer de novo as xenerosas doacións de libros para o fondo libros por parte de familias que mercaron os libros en anos anteriores. Esas doacións permitirán que o fondo libros reparta máis libros adicionalmente aos mínimos establecidos na orde de convocatoria das axudas.
MOITAS GRAZAS
O martes 17 terá lugar a presentación para o alumnado de 1º ESO coa asistencia dos pais e nais. O mércores 18 haberá transporte escolar no horario habitual. A primeira hora será a presentación dos grupos co seu titor/a e a partir de segunda hora comezarán as actividades lectivas ordinarias.