Tecnoloxía
Aquí vos deixamos un resumo de algunhas das actividades desta última semana. O grupo de 1º ESO de Proxecto Competencial estivo traballando no noso horto escolar para facer plantación de inverno. A ver que tal se da.
Alumnado da facultade de físicas da USC veu ao noso centro e organizou un obradoiro de óptica para o alumnado de 3º ESO. Xogando con lentes e luz láser resulta mopito máis doado entender conceptos como a difracción ou como funciona o ollo humano e como os lentes poden corrixir defectos de visión.
E hoxe as dúas últimas horas estiveron adicadas á ciencia. Os departamentos de Matemáticas, tecnoloxía, lingua galega e física organizaron unha serie de experiencias e obradoiros para espertar a curiosidade científica entre o alumnado de 1º e 2º ESO. Entre outras actividades puideron montar unha cúpula xeodésica, grabar voces e traballar con elas no ordenador, facer maxia matemática, descubrir certas propiedades dos coloides, entender como se constrúen e se manteñen en pé as pontes de arco...Era a primeira vez e foi todo un éxito e esperamos que o vindeiro ano siga crecendo.
Agradecemos a especial adicación do profesorado que organizou este evento: María Ana Domínguez (MAT), Tina Formoso (GAL), Jesús (TEC) Sara Lago (FQ), e por suposto aos alumnos e alumnas que participaron como monitores explicando as actividades aos compañeiros, sen todos os cales esta actividade non podería terse levado a cabo. Grazas a todos!
Durante estas semanas o noso alumnado está a disfrutar dunha ampla variedade de actividades para completar a súa formación. Aquí facemos un pequeno resumo dalgunha delas.
A pasada semana o alumnado do ciclo de FPB de Comercio visitou o Instituto Galego de Consumo para entender as probas que se fan nos laboratorios de consumo e porqué en caso de determinados artigos prohíbese a súa comercialización. Formaronse tamén nos dereitos do consumidor e a normativa de reclamacións.
Hoxe o profesor de electrotecnia da Escola de Enxeñería do Campus de Lugo falou en detalle das lámparas LED, das súas vantaxes pero tamén dos aspectos non tan positivos. Sabíades que o espector de emisión de moitas lámparas LED aparentemente brancas ten un pico moi alto a altas frecuencias, cercanas ao ultravioleta, que pode danar a bebés e interferir en xeral coa producción de melatonina e os ciclos de actividade -descanso? Ollo coas ofertas de marcas descoñecidas e a temperatura da luz que se escolle para cada estancia da casa!
En vindeiros días o noso alumnado coñecerá a oferta educativa da USC in situ, visitando diversas facultades e escolas universitarias do campus santiagués. O alumnado de informática visitará o Centro de Supercomputación de Galicia , o alumnado de 4º coñecerá en detalle como se recaudan os impostos e a estrutura do gasto público e xa a mediados e finais de febreiro o alumnado de diversos cursos asistirá a funcións de teatro e danza.
Como vedes, unha oferta moi estimulante de actividades neste segundo trimestre.
Como sabedes, no instituto queremos fomentar o uso responsable da bicicleta, como medio de transporte cómodo, rápido e ambientalmente responsable, que pode ser axeitado para determinado alumnado nunha franxa de idade e que viva a unha distancia intermedia do centro.
Previo á celebración do Día da Bicicleta, quixemos facer unha enquisa para saber como ven o uso da bici os alumnos e as familias, e que aporten ideas para facer máis cómodo e seguro o seu uso. Creemos que os resultados poden ser de interese para o Concello de Negreira, asociacións e institucións varias, para que tamén traballen a prol do fomento do uso da bicicleta.
Os países máis avanzados promoven e facilitan o uso da bicicleta como medio de transporte diario, que conleva aforro económico, menos atascos, mellora a saúde da poboación e mellora a calidade do aire das poboacións nas que se incrementa o seu uso.
Incluso estase a debatir o feito de pagar á xente por usar a bicicleta como medio de transporte diario ao traballo (ver ligazón)
Aquí tedes os resultados da enquisa.
Durante este período excepcional de peche dos centros educativos, a docencia do departamento se organiza da seguinte forma
MATERIA: PROGRAMACIÓN 2 ESO
2 ESO (Prof. Jesús García). Aula virtual (curso PROGRAMACION 2 ESO) e correo electrónico. Na aula virtual aparecen as tarefas a realizar , segundo unha temporalización semanal
MATERIA : TECNOLOXÍA
2ESO A TECNOLOXIA (Prof. Jesús García). Aula virtual (curso TECNOLOXIA 2ESO 19-20 Jesus) e correo electrónico. Na aula virtual aparecen os apuntes e materiais e as tarefas a entregar , segundo unha temporalización semanal
2ESO B e C TECNOLOXIA (Prof. Ana Bautís)
2ESO AGRUPAMENTO (Pro. Natalia Freire)
3ESO A e B TECNOLOXIA (Prof. Natalia Freire)
3ESO C TECNOLOXIA (Prof. Jesús García)Aula virtual (curso TECNOLOXIA 3ESO 19-20 Jesus) e correo electrónico. Na aula virtual aparecen os apuntes e materiais e as tarefas a entregar , segundo unha temporalización semanal
4ESO A e B TECNOLOXIA (Prof. Natalia Freire)
2 BAC TECNOLOXÍA INDUSTRIAL (Prof. Natalia Freire)
Xúntase como referencia o resumo da programación didáctica do departamento do curso actual 2019-2020.
CURSO 2019-2020
PROFESORADO
Natalia Freire Curráis :Xefe de departamento
Jesús García Otero : Vicedirector
Ana Bautís
MATERIAS IMPARTIDAS
2º ESO : Tecnoloxía : Ana Bautís, Jesús García
2º ESO : Programación : Jesús García
3º ESO : Tecnoloxía : Natalia Freire / Jesús García
4º ESO : Tecnoloxía: Natalia Freire
1º BACH : NON HAY GRUPO
2º BACH : Tecnoloxía Industrial II : Natalia Freire
CURSO 2018-2019
PROFESORADO
Natalia Freire Curráis :Xefe de departamento
Jesús García Otero : Vicedirector
José Antonio Ponte Pereira / Ines Castro Pardo :
MATERIAS IMPARTIDAS
2º ESO : Tecnoloxía : J.A. Ponte / Inés Castro
2º ESO : Programación : Jesús García Otero
3º ESO : Tecnoloxía : Natalia Freire
4º ESO : Tecnoloxía: Natalia Freire, Jesús García Otero
4º ESO : TIC: J.A. Ponte / Inés Castro
1º BACH: Tecnoloxía Industrial I : Natalia Freire
1º BACH: Modelado e impresión 3D : Jesús García Otero
2º BACH : Tecnoloxía Industrial II : NON HAY GRUPO
CURSO 2017-2018
PROFESORADO
Natalia Freire Curráis
Jesús García Otero : Xefe de departamento
MATERIAS IMPARTIDAS
2º ESO : Tecnoloxía : Natalia Freire Curráis , Jesús García Otero
3º ESO : Tecnoloxía : Jesús García Otero
4º ESO : Tecnoloxía , Informática : Natalia Freire Curráis , Jesús García Otero
1º BACH: Tecnoloxía Industrial I, Modelado e impresión 3D : NON SE CREOU GRUPO ESTE ANO
2º BACH : Tecnoloxía Industrial II : Jesús García Otero
CURSO 2016-2017
PROFESORADO
Sofía Noya Morlán / Javier Andrés Leira Otero
Jesús García Otero : Xefe de departamento
MATERIAS IMPARTIDAS
2º ESO : Tecnoloxía (LOMCE) Javier Andrés Leira Otero, Jesús García Otero
3º ESO : Tecnoloxía (LOMCE) Javier Andrés Leira Otero
4º ESO : Tecnoloxía (LOMCE), Informática Jesús García Otero, Javier Andrés Leira Otero
1º BACH: Tecnoloxía Industrial I, Modelado e impresión 3D Jesús García Otero
2º BACH : Tecnoloxía Industrial II Jesús García Otero
Hoxe o alumnado de 1º ESO acompañado polo profesorado do departamento de Tecnoloxía participou nun interesante obradoiro en liña deseñado dende o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) co obxecto de aprender a detectar sinais de fraude e engano en páxinas web, chats e redes sociais. Malia a indudable utilidade das TIC é importante saber protexernos de estafadores e ladróns de datos persoais e identidades.
Levan para casa unha pequena folla de tarefas para practicar en familia.
Cousas que nos quedaron claras:
- Fixarnos nas direccións de internet e comprobalas cun comprobador de URL.
- Desconfiar de versións gratuitas de aplicacións de pago e de ofertas moi suculentas.
- Regalos moi golosos e urxencias de tempo tamén son signos claros de páxinas web fraudulentas.
- Ollo coas invitacións de descoñecidos.
- E ante calquera dúbida falar cos nosos pais, profesores ou contactar co propio INCIBE
Entre todos podemos facer de internet un espazo máis seguro e amigable.
Dentro da materia de Tecnoloxía e dixitalización, o alumnado de 1º ESO deseñou unhas felicitacións animadas de Nadal programando en Scratch. Había moitas moi orixinais e divertidas, pero como non temos espazo para todas, aquí vos deixamos unha pequena mostra. E unímonos aos bos desexos destes futuros programadores.
Raúl 1º ESO A
AROA 1º A
AITANA 1ºB
NAÍM 1ºC
Experimentando coa arte aleatoria dentro da materia de Programación de 2º ESO
O IES Xulián Magariños na Galiciencia!! As profesoras Natalia Freire e Josefa Paulos coordinan os dous equipos que presentan os seus proxectos de economía circular na máis importante feira científica escolar de Galicia, un sobre contenedores SMART que fan reconto automático dos envases que teñen e envían un aviso por internet cando están cheos, e outro sobre "upcycling" de refugallo informático. "La Voz de Galicia" tamén menciona os nosos proxectos.