Lexislación
Publicouse a Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos. Pódese consultar na seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20240104_orde_uso_mobiles_asinada.pdf
Dita orde establece un protocolo básico para o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos. En particular, recolle que non se permitirá o uso dos mesmos durante a xornada escolar. Esta prohibición aplícase a periodos lectivos e non lectivos (recreos, entradas e saídas e actividades complementarias e extraescolares).
Adxúntase a circular da Dirección Xeral de ordenación e Innovación Educativa onde se aclara como e cando xustificar este tipo de faltas.
- R.D. de dereitos e deberes do alumnado: Ligazón ao PDF co Real Decreto
- LOE: Ligazón ao PDF coa LOE (Texto consolidado incluindo as modificacións da LOMLOE)
- LOMLOE: Ligazón ao PDF co texto consolidado da LOMLOE
- Decreto 156/22 de Currículo da ESO
- Decreto 157/22 de Currículo de bacharelato
NORMATIVA ADMINISTRATIVA (PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO, ÓRGANOS COLEXIADOS)
- Ley 39/2015 do procedemento administrativo común das AAPP
- Ley 40/2015 de réxime xurídico do sector público
SOBRE BECAS E CONTRATOS DE PRÁCTICAS (ALUMNADO FP)
- Becas frente a contratos en prácticas
- Guía sobre becas e contratos en prácticas (UGT)
Achégase aclaración sobre os criterios para considerar xustificables ou non xustificables as faltas de asistencia do alumnado.
As faltas non xustificadas, ao chegar a certos límites, poden ter consecuencias administrativas ou incluso penais, xa que inciden no dereito fundamental á educación.
"Os menores de entre 6 e 16 anos deberán estar matriculados na escola/instituto, sendo a asistencia do alumnado ao centro unha obriga inexorable para os pais dos menores, derivandose do seu incumprimento graves consecuencias legais correspondentes ao incumprimento dos deberes inherentes á patria potestade, e incluso conlevando un delito de abandono familiar."
Publicadas as novas instruccións para o uso do transporte escolar
Lembramos que o noso centro está englobado no sistema de rutas INTEGRADAS.
Se algún usuario lexítimo precisa de solicitar unha nova parada (ver condicións no documento) debe facelo antes do 8 de xullo.
Achegamos as instrucións sobre transporte escolar para o curso 21-22.
Lembramos que o IES Xulián Magariños entra dentro das concesións de liñas de transporte INTEGRADO, xestionadas dende a Consellería de mobilidade
Publicadas as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas do vindeiro curso
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar as instrucións para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.