Comunicados
A xunta electoral estará formada polo director/directora do centro , por un profesor/a , por un alumno/a , un pai nai o titor legal do alumnado e por un representante do persoal de administración e servizos.
12/11
Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de profesorado, alumnado e do persoal de administración e servizos, para cubrir os postos vacantes no Consello Escolar, a Xunta Electoral admite, proclama e publica as candidaturas presentadas polos distintos sectores , que estarán para consulta no taboleiro de anuncios do centro
a) Profesorado: 7 candidaturas
b) Alumnado: 3 candidaturas
c) Persoal de administración e servizos: 1 candidatura
Esta información pode consultarse no taboleiro de anuncios do centro, e poderán presentarse reclamacións á mesma os días 12 e 13 de novembro.
A data das votacións é o 20 de novembro.
As clases comenzarán o mércores 11 de setembro. Haberá transporte escolar no horario habitual.
As 8:45 horas o alumnado de ESO deberá estar no patio de entrada e será chamado polo seu titor /a para dirixirse á súa aula.
O alumnado de bacharelato e 1º curso de ciclo medio e superior entrará as 9:35
O alumnado de 2º curso de ciclo medio e superior comenzará con clase normal as 8:45 horas.
CORRECCIÓN DE ERROS.
A reunión informativa do martes será so para pais e nais.
O día anterior, martes 10 de Setembro, a partir das 18:00 h haberá unha serie de charlas informativas e presentación para PAIS, NAIS E TITORES LEGAIS do alumnado de 1º ESO. Ver horario completo no arquivo PDF que se adxunta.
As listaxes dos grupos serán publicadas no taboleiro do centro e na web o luns 9 de setembro.
VER PDF COA INFORMACIÓN COMPLETA
O luns 24 comeza o prazo para formalizar a matrícula do alumnado de ESO e Bacharelato para o vindeiro curso 2024-2025. O prazo oficial remata o 7 de xullo.(NOTA: Ao coincidir o 7 de xullo en domingo este ano, o prazo prolóngase ata o 8 de xullo). É moi importante que respeten no posible o seguinte calendario e horario para evitar aglomeracións e axilizar o proceso.
Se unha vez finalizado o prazo non se tivera formalizado a matrícula perderase o dereito á praza obtida.
O alumnado que vaia facer uso do transporte escolar ten toda a información necesaria sobre rutas, paradas e condicións de uso AQUÍ
DATAS PREFERENTES DE MATRÍCULA
Alumnado que vai cursar
1º ESO : (Apelidos de A-L) : 4 de xullo || (Apelidos de M-Z) : 5 de xullo
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, fotocopia DNI pai e nai, 2 fotos actuais)
2º ESO : (Apelidos de A-L ) : 2 de xullo || (Apelidos de M-Z) : 3 de xullo
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual)
3º ESO e 3º ESO PDC : 1 de xullo ( A-G de 9:30 a 11:00 / H-P de 11:00 a 12:30 / Q-Z de 12:30 a 14:00
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, resgardo do abono do seguro escolar)
4º ESO e 4º ESO PDC: 27 de xuño ( A-F de 9:30 a 11:00 / G-O de 11:00 a 12:30 / P-Z de 12:30 a 14:00
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, resgardo do abono do seguro escolar)
1º BAC : 28 de xuño ( A-G de 10:00 a 11:00 / H-R de 11:00 a 12:00 / S-Z de 12:00 a 13:00
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 2 fotos actuais, resgardo do abono do seguro escolar)
2º BAC : 26 de xuño ( A-G de 10:00 a 11:00 / H-R de 11:00 a 12:00 / S-Z de 12:00 a 13:00
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, resgardo do abono do seguro escolar)
SOBRES DE MATRÍCULA
Os sobres están dispoñibles en conserxería. Aparte do impreso de matrícula inclúen o impreso para o pago do seguro escolar, e de ser necesario, impreso de inclusión en alerta escolar
Lembramos que o alumnado a partir de 3º ESO e ata os 28 anos de idade, ten que aboar o Seguro Escolar Obrigatorio (1,12 euros)
IMPRESOS DE MATRÍCULA A EFECTOS INFORMATIVOS
1º ESO
2º ESO
3º ESO
3º ESO (PDC)
4º ESO
4º ESO (PDC)
1º BAC CCTT
1º BAC HHCCSS
2º BAC CCTT
2º BAC HHCCSS
Estes son os prazos para solicitar praza e matricularse en 1º curso dos ciclos de Formación Profesional.
- Para ciclos de Grao Medio e Superior
Ver instruccións detalladas do proceso na Web da Consellería (IR)
VER OFERTA ACTUALIZADA DE CICLOS EN CENTROS PÚBLICOS (IR)
Aquí podedes consultar o calendario completo de final de curso, para todos os niveis de ensinanza impartidos no centro
Xa está plenamente operativo nesta web o Punto Laranxa Virtual contra o acoso escolar.
Non quedes calad@. Escoitámoste!
Loitemos xuntos contra o acoso e ciberacoso!
Se ves ou coñeces algún caso de algún compañeiro ou compañeira que está sufrindo podes enviar a túa mensaxe, de xeito anónimo, para que poidamos actuar inmediatamente.
Estrenamos nova iluminación no pavillón polideportivo do IES Xulián Magariños. Luminarias LED de alta eficiencia que nos aportan mais luminosidade e un importante aforro enerxético. Esta actuación forma parte do noso plan de mellora da eficiencia enerxética.
#aforraenerxia
Dadas as constantes deficiencias detectadas no servizo de transporte escolar poñemos á vosa disposición un formulario para que comuniquedes as incidencias e poder facer a denuncia e seguimento das mesmas.
Xúntase o calendario de inicio de curso 2023-2024. Prema na imaxe para descargar arquivo orixinal.
Mañá venres 8 pola tarde haberá unha reunión informativa para as familias do alumnado de 1º ESO. Poden ver o horario no cadro inferior.
As clases comezarán o luns 11, as 8:45 para todo o alumnado excepto o de bacharelato e 1º de ciclos formativos que empezará as 9:35.