Comunicados
A Unión Europea, por medio do Fondo Social Europeo cofinancia un 80% do custo en persoal e gastos de funcionamento do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes impartido no IES Xulián Magariños. No apartado de gastos de funcionamento do centro, o FSE aporta o 80% dos 28.800 € estimados.
Máis información nesta páxina da Consellería
Lembramos a todo o alumnado que ten autorización para saír nos recreos que, dadas as novas restricións ditadas pola Xunta de Galicia, a partir de mañán non poderán pasear por Negreira en grupos de non convivintes. Os que así o desexen poderan saír de forma individual, ou ben permanecer no patio do centro ou na biblioteca ata completar o aforo. A dirección.
Tras o proceso de licitación e adxudicación das rutas de transporte escolar dentro do marco do Plan de Transportes da Xunta de Galicia, é a UTE XG 804(liderada pola empresa Monbús e participada tamén pola empresa Modesto Riveiro) a encargada do mesmo.
Calquera incidencia co servizo pregamos informen ao centro.
Estas son as paradas e os mapas das 10 rutas de transporte escolar do Instituto.
HORARIOS DAS RUTAS: O transportista DEBE garantir a chegada dos escolares ao centro educativo cunha antelacion de entre 10 e 15 minutos, nunca superior. Asimesmo non pode saír de ningunha parada con antelación á hora prevista.
O transporte escolar agora faise en modalidade de transporte compartido. Pode consultar aquí o protocolo.
Máis información
Normativa transporte escolar. Importante que sexa coñecida por pais, nais e titores
Normativa referente a coches e conductores.
http://www.monbus.es/es/noticias/332/monbus-inicia-nuevas-concesiones-en-galicia/
O Servizo de Mobilidade da Xunta de Galicia nos informa que nos novos contratos de transporte que funcionarán a partir de mañá, día 8 de xaneiro, desaparecen dúas paradas (por haber outras a menos de 100 m) nas seguintes rutas:
Ruta XG8044101: IES Xulián Magariños-VILAR: desaparece Gándara
Ruta XG8045501: IES Xulián Magariños-Vilar de Xallas: desaparece Romarís
A Dirección
CAMPAÑA DE ALIMENTOS: MARTES SOLIDARIOS
Queridas familias:
O alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo formativo de formación profesional básica en Servizos Comerciais vén de preparar e organizar a conmemoración do 20 de Novembro, Día Universal da Infancia, para concienciar a Comunidade Educativa de que é un día para chamar a atención sobre a situación das nenas e nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
E por isto aproveitamos o momento actual que estamos a vivir para pór en marcha a Campaña de Recollida de Alimentos da Infancia-Negreira 2020. Debido ás medidas hixiénicas-sanitarias, a Campaña de Alimentos vaise facer baixo o formato de “Martes Solidarios”, de tal xeito que unicamente serán os MARTES os días habilitados para traer os alimentos e produtos de primeira necesidade, comezando o 24 de Novembro e rematando o 15 de Decembro.
Dentro dos alimentos e produtos de primeira necesidade infantís que máis escasean e teñen unha grande demanda son leite, potitos, galletas, cereais, cueiros, toallitas, xabón, …
Agradecervos de antemán a vosa axuda e colaboración.
MOITÍSIMAS GRAZAS.
A Consellería de Educación publica os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros públicos e concertados no curso 2020/2021.
Lembren que o alumnado que tivo dereito a recibir cheque de material escolar xa está incluído por defecto na lista de adxudicatarios. ünicamente as familias que non fixeron a solicitude de fondo libros no seu momento cumplindo as condicións económicas terían que solicitalo presencialmente no centro.
Poden consultarse as listaxes de axudas concedidas e non concedidas nas listaxes expostas no taboleiro de anuncios na entrada do centro.
Despedimos hoxe con grande emoción a Pedro, do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, un dos veteranos da plantilla docente do IES Xulián Magariños.
Pedro Núñez Ferreiro, excelente profesional e mellor compañeiro, levaba con nós nada máis e nada menos que 28 anos. Tantos como tempo leva guiando ao noso alumnado nas saídas á natureza, das que é verdadeiro experto e entusiasta.
Desexámoste moita sorte nas túas futuras ocupacións. E que saibas que aínda que a situación sanitaria non o permite polo de agora, espérate unha boa comilona de despedida.
Unha aperta enorme!
Informamos que a aula virtual xa está funcionando. Os titores/as dos grupos proporcionarán ao alumnado o seu usuario e contrasinal para poder acceder ao material das diferentes materias.
A aula virtual do centro tamén se pode seguir dende teléfono móbil coa aplicación oficial MOODLE descargable en Play Store ou App Store de Apple.
AVISO PARA O ALUMNADO DE 1º ASIR e 1º SMR (CAMBIOS: ACTUALIZADO 30/9 ás 17:30)
Debido a que a un día do peche da matrícula en 1º de ASIR o número de inscritos é de 30, e ante a imposibilidade de manter as medidas de seguridade unicamente con mamparas de metacrilato, o alumnado deberá ter as clases en modo semipresencial.