Curso 21-22
Resumimos neste cadro as datas sinaladas de setembro en relación ao inicio de curso. O alumnado de 1º , 2º e 3º ESO que tivera que realizar as probas extraordinarias de setembro formalizará a súa matrícula preferentemente o día 6 de setembro e o alumnado de 4º ESO e bacharelato o día 7. (Información sobre os impresos de matrícula e a documentación adicional a presentar ). A devolución dos libros de texto farase en conserxería os días 1 e 2 de setembro coincidindo coa asistencia aos exames.
NOTA: Este calendario queda pendente de aprobación pola inspección educativa e de calquera nova orde que dean as autoridades sanitarias.
En 1º de ESO, no que respecta ás materias que NON entran dentro do Programa Edixgal e polo tanto necesitan libro de texto (Matemáticas, Xeografía e historia, Inglés e Francés) o centro dispón das seguintes existencias : Matemáticas: 49 libros, XH: 51 libros, Inglés:67 libros e francés: 17 libros, que serán repartidos entre o alumnado.
O consello escolar acordou que no reparto se priorice ao alumnado con menor renta polo que se prestarán en primeiro lugar ao alumnado que resulte adxudicatario das axudas para adquisición de material escolar. De haber libros sobrantes procederíase a un sorteo dos mesmos entre o alumnado restante. A falta da matrícula definitiva en setembro case podemos asegurar que o alumnado adxudicatario do vale de material escolar recibirá en préstamo por parte do centro os libros de Matemáticas, Xeografía e Historia e Inglés.
Como o reparto final non o podemos coñecer ata ter os datos de matrícula definitiva en setembro solicitamos ás familias que non se apresuren en mercar os libros de texto.
Publicadas as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas do vindeiro curso
O alumnado que aprobou todas as materias en xuño e queira iniciar/continuar os seus estudos en ESO o Bacharelato deberá formalizar a matrícula para o vindeiro curso 2021-2022 preferentemente segundo o seguinte calendario. A data límite será en todo caso o 13 de xullo. (Lembramos que o 9 de xullo é festivo local)
Alumnado que vai cursar
- 1º ESO (Apelidos de A-L ) : 25 de xuño || (Apelidos de M-Z) : 28 de xuño
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, fotocopia DNI pai e nai, 2 fotos actuais, 5 selos tarifa A. Autorización uso imaxe. Enquisa medios tecnolóxicos)
- 2º ESO : 29 de xuño
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, 5 selos tarifa A. Autorización uso imaxe. Enquisa medios tecnolóxicos)
- 3º ESO : 30 de xuño
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, 5 selos tarifa A, resgardo do abono do seguro escolar. Autorización uso imaxe. Enquisa medios tecnolóxicos)
- 4º ESO : 1 de xullo
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, 5 selos tarifa A, resgardo do abono do seguro escolar. Autorización uso imaxe. Enquisa medios tecnolóxicos)
- 1º BAC : 2 de xullo
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 2 fotos actuais, 5 selos tarifa A, resgardo do abono do seguro escolar. Autorización uso imaxe. Autorización saída do centro. Enquisa medios tecnolóxicos)
- 2º BAC : 6 de xullo
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, 5 selos tarifa A, resgardo do abono do seguro escolar. Autorización uso imaxe. Autorización saída do centro. Enquisa medios tecnolóxicos)
INFORMACIÓN PARA ALUMNADO DE CICLOS
FPB : en setembro (admisión do 1 ao 10 de setembro)
1º CM e 1º CS : O alumnado ten que participar no proceso telemático de admisión (prazos do 25 de xuño ao 5 de xullo ata 13:00 horas). O alumnado que repite 1º ten que marcar a casiña correspondente a "repetidor no mesmo centro por primieira vez".
2 CM e 2º CS : Do 25 de xuño ao 5 de xullo aquí no centro. Presentar o ANEXO I e resgardo do abono de seguro escolar
SOBRES DE MATRÍCULA
O día de recollida do boletín de cualificacións o alumnado de ESO recibitrá os sobres de matrícula cos impresos para cumplimentar. En calquera caso os sobres de matrícula están dispoñibles en conserxería.
Lembramos que o alumnado a partir de 3º ESO e ata os 28 anos de idade, ten que aboar o Seguro Escolar Obrigatorio (1,12 euros)
IMPRESOS
(publicanse aquí a modo informativo)
1º ESO // 2º ESO // 3º ESO // 4º ESO (ensinanzas académicas) // 4º ESO (ensinanzas aplicadas) // 1º BAC (Ciencias) // 1º BAC (Humanidades e CCSS) // 2º BAC (Ciencias) // 2º BAC ( Humanidades e CCSS)
Publicamos a listaxe de libros de texto para o curso 2021-2022. As materias que non aparecen nas listaxes non precisan de libros de texto.
En 1º de ESO implántase o proxecto EDIXGAL polo que o alumnado recibirá un ordenador portátil con contidos educativos específicos para 7 materias, e polo tanto non precisarán libros de texto para esas materias. Para o resto das materias de 1º de ESO o centro dispón dun número de existencias pertencentes ao fondo solidario de libros. Arbitrarase un sistema para o reparto dos mesmos, do que se informará próximamente.
O alumnado de 3º de ESO debe agardar a falar co profesorado do departamento de lingua Galega en setembro antes de mercar o libro.
Achégase comunicado do equipo directivo con información relevante en relación ao fin de curso
A continuación facilitamos unha breve guía sobre a maioría das materias optativas de bacharelato (e algunhas de 4º ESO ) que o centro ofertará para o vindeiro curso. A súa utilidade ou pertinencia para estudos posteriores, a carga horaria e os contidos que se imparten ao longo da mesma. Esperamos que vos sexa de utilidade.
- ANATOMÍA APLICADA (1º BAC)
- ANTROPOLOXÍA (1º BAC)
- CIENCIAS DA TERRA E DO MEDIO AMBIENTE (2º BAC)
- CULTURA CIENTÍFICA (4º ESO)
- CULTURA CIENTÍFICA (1º BAC)
- CULTURA E LINGUA PORTUGUESA (4º ESO e 1º BAC)
- ECONOMÍA (1º BAC)
- ECONOMÍA DA EMPRESA (2º BAC)
- HISTORIA DA ARTE (2º BAC)
- IMPRESIÓN E MODELADO 3D (1º BAC)
- LATÍN
- LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX (2º BAC)
- LITERATURA UNIVERSAL (1º BAC)
- MATEMÁTICAS ACADÉMICAS OU APLICADAS? (3º e 4º ESO)
- MÉTODOS ESTATÍSTICOS E NUMÉRICOS (2º BAC)
- PSICOLOXÍA (2º BAC)
- REFORZO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA (2º BAC)
- ROBÓTICA (1º BAC)
- TECNOLOXÍA (4º ESO)
- TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I E II (1º e 2º BAC)
- TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN I e II (1º e 2º BAC)
- XEOGRAFÍA (2º BAC)
- XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA (2º BAC)
- XEOGRAFÍA E HISTORIA BILINGÜE (3º e 4º ESO)