Economía
Durante estas semanas o noso alumnado está a disfrutar dunha ampla variedade de actividades para completar a súa formación. Aquí facemos un pequeno resumo dalgunha delas.
A pasada semana o alumnado do ciclo de FPB de Comercio visitou o Instituto Galego de Consumo para entender as probas que se fan nos laboratorios de consumo e porqué en caso de determinados artigos prohíbese a súa comercialización. Formaronse tamén nos dereitos do consumidor e a normativa de reclamacións.
Hoxe o profesor de electrotecnia da Escola de Enxeñería do Campus de Lugo falou en detalle das lámparas LED, das súas vantaxes pero tamén dos aspectos non tan positivos. Sabíades que o espector de emisión de moitas lámparas LED aparentemente brancas ten un pico moi alto a altas frecuencias, cercanas ao ultravioleta, que pode danar a bebés e interferir en xeral coa producción de melatonina e os ciclos de actividade -descanso? Ollo coas ofertas de marcas descoñecidas e a temperatura da luz que se escolle para cada estancia da casa!
En vindeiros días o noso alumnado coñecerá a oferta educativa da USC in situ, visitando diversas facultades e escolas universitarias do campus santiagués. O alumnado de informática visitará o Centro de Supercomputación de Galicia , o alumnado de 4º coñecerá en detalle como se recaudan os impostos e a estrutura do gasto público e xa a mediados e finais de febreiro o alumnado de diversos cursos asistirá a funcións de teatro e danza.
Como vedes, unha oferta moi estimulante de actividades neste segundo trimestre.
O alumnado de FOL dos ciclos Medio e Superior terá unha sesión de formación sobre primeiros auxilios impartida por voluntarios da Cruz Vermella o vindeiro 10 de abril.
Ao longo de dúas semanas do mes de febreiro terá lugar a actividades "Finanzas para mortais", organizada polos departamentos de Economía e Comercio.
Asistirán os seguintes grupos nos seguintes horarios:
1 de febreiro, de 11:30 a 13 horas. Grupos 1º e 2º BAC (Economía), FP Básica, Ciclo medio comercio
5 de febreiro, de 11:30 a 13 horas: 4º de ESO (Economía)
7 de febreiro, de 10 a 11:30 horas. Grupos 1º e 2º BAC (Economía), FP Básica, Ciclo medio comercio
8 de febreiro, de 10 a 11:30 horas. 4º de ESO (Economía)
O 23 de febreiro de 9:30 a 11 o departamento de Economía organiza unha charla titulada "Eduemprende", na que un membro do IGAPE e un ex alumno do centro que creou a súa propia empresa falarán para o alumnado de 1º de Comercio, 2º de ASIR e 2ª BAC B (Economía)