Informática
Durante estas semanas o noso alumnado está a disfrutar dunha ampla variedade de actividades para completar a súa formación. Aquí facemos un pequeno resumo dalgunha delas.
A pasada semana o alumnado do ciclo de FPB de Comercio visitou o Instituto Galego de Consumo para entender as probas que se fan nos laboratorios de consumo e porqué en caso de determinados artigos prohíbese a súa comercialización. Formaronse tamén nos dereitos do consumidor e a normativa de reclamacións.
Hoxe o profesor de electrotecnia da Escola de Enxeñería do Campus de Lugo falou en detalle das lámparas LED, das súas vantaxes pero tamén dos aspectos non tan positivos. Sabíades que o espector de emisión de moitas lámparas LED aparentemente brancas ten un pico moi alto a altas frecuencias, cercanas ao ultravioleta, que pode danar a bebés e interferir en xeral coa producción de melatonina e os ciclos de actividade -descanso? Ollo coas ofertas de marcas descoñecidas e a temperatura da luz que se escolle para cada estancia da casa!
En vindeiros días o noso alumnado coñecerá a oferta educativa da USC in situ, visitando diversas facultades e escolas universitarias do campus santiagués. O alumnado de informática visitará o Centro de Supercomputación de Galicia , o alumnado de 4º coñecerá en detalle como se recaudan os impostos e a estrutura do gasto público e xa a mediados e finais de febreiro o alumnado de diversos cursos asistirá a funcións de teatro e danza.
Como vedes, unha oferta moi estimulante de actividades neste segundo trimestre.
Noraboa a o equipo formado polos alumnos do ciclo superior de Informática Mynor Alexander Folgar Peláez e Jordan Garabal Fernández que foron proclamados gañadores do premio do III Concurso Científico Luis Gustavo Rodríguez Taboada no nivel D(alumnado de Formación Profesional) polo traballo "Reciclando hardware informático para uso escolar", organizado polo IES Laxeiro de Lalín.
Utilizando placas base inservibles, teclados e demáis restos de equipos informáticos deseñaron e construiron reloxos, libretas de notas, chaveiros moi orixinais e ao tempo funcionais. Magníficas ideas para alongar a vida de obxectos que doutro xeito rematarían sen máis nun vertedoiro.
Publicada a oferta de ciclos de Formación Profesional en Galicia e prazas dispoñibles para admisión.
Lembra que aquí no IES Xulián Magariños ofertamos un Ciclo Básico de Comercio e na familia de Informática e Comunicacións o ciclo medio de Sistemas microinformáticos e redes e o Ciclo Superior de Administración de sistemas informáticos en rede cunha gran demanda de profesionais.
Se te queres matricular en 1º curso dos nosos ciclos de Formación Profesional de Grao Medio ou Superior ten en conta estes prazos, xa que tes que pasar un proceso de admisión. A presentación de solicitudes de admisión irá do 23 de xuño ao 5 de xullo as 13:00 horas!
TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN EN https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37232
O IES Xulián Magariños na Galiciencia!! As profesoras Natalia Freire e Josefa Paulos coordinan os dous equipos que presentan os seus proxectos de economía circular na máis importante feira científica escolar de Galicia, un sobre contenedores SMART que fan reconto automático dos envases que teñen e envían un aviso por internet cando están cheos, e outro sobre "upcycling" de refugallo informático. "La Voz de Galicia" tamén menciona os nosos proxectos.
O alumnado de 2º de Bacharelato do noso centro da optativa de TICS (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) coordinados pola súa profesora, Leticia Riestra están a desenvolver unha páxina web para dar a coñecer referentes mulleres nas carreiras do ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) co obxectivo de fomentar este tipo de estudos entre as nenas posto que este tipo de carreiras adoitan ser realizado por un perfil máis masculino.
Este proxecto englóbase dentro do concurso internacional "WISIBILÍZALAS" organizado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona que busca dar a coñecer gran cantidade de mulleres que rompen estereotipos, que inspiran e que traballan cada día para conseguir que o potencial femenino sexa cada vez máis visible na nosa sociedade.
Deste modo, o alumnado fará diferentes entrevistas a mulleres enxeñeiras, científicas e matemáticas para preguntalles sobre a súa experiencia personal e profesional e para pedir consello sobre como poder romper o famoso teito de cristal das mulleres.
Unha vez teñan rematadas as entrevistas, crearán unha páxina web onde mostrarán os interesantes perfís obtidos ademáis doutras actividades paralelas que tentarán de ir realizando ao mesmo tempo.
E todo isto empregando a tecnoloxía e a informática empregando software libre para o desenvolvemento da páxina web, para a realización de videochamadas online así como a gravación das mesmas... pasando polo emprego de ferramentas para a edición de vídeo, imaxe e son así como software colaborativo para a creación de documentos.
Así, poderán traballar en moitas áreas dun xeito completamente práctico seguindo o paradigma do traballo basado en Proxectos e co claro obxectivo de conseguir dar a coñecer todas estas mulleres que desenvolven unha grande labor para a sociedade pero que permanecen ocultas.
OFERTA EDUCATIVA EN CICLOS FP PARA O CURSO 21-22
-Ciclo Básico de Servizos Comerciais (18 prazas)
-Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (20 prazas)
-Ciclo Superior de Administración de Sistemas informáticos en rede (30 prazas)
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A OFERTA DE CICLOS EN TODA GALICIA :https://www.edu.xunta.es/fp/
INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN (procedemento / datas/ formularios) https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2020-2021
#FPGalicia
A Unión Europea, por medio do Fondo Social Europeo cofinancia un 80% do custo en persoal e gastos de funcionamento do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes impartido no IES Xulián Magariños. No apartado de gastos de funcionamento do centro, o FSE aporta o 80% dos 28.800 € estimados.
Máis información nesta páxina da Consellería
O alumnado dos ciclos medio e superior que pasa para 2º curso ou repite 2º curso formalizará a súa matrícula de xeito presencial no centro o día 2 de xullo, de 10:00 a 13:30 da mañá.
Documentación a presentar:
- Fotocopia do DNI
- Resgardo do pago de seguro escolar
- Impresos cubertos
En caso de non poder acudir ese día lembre que o prazo de matrícula remata o día 8 de xullo as 13:00
NOTA: O alumnado que desexe matricularse en 1º ou repita ese curso debe seguir os pasos do proceso de admisión. O prazo será do 25 de xuño ata o 8 de xullo ata as 13:00 horas. (IR Á PÁXINA DA CONSELLERÍA).
O prazo de solicitudes é do 1 ao 12 de xuño
Requisitos das persoas solicitantes:
Cumprir os requisitos de acceso establecidos na LOMCE (basicamente para ciclos medios, título de formación profesional básica, de ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, ter título de técnico de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:
– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico
– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico.
A Xunta convoca axudas económicas ao alumnado de Formación Profesional que realiza a formación práctica en centros de traballo ou cursa FP Dual.