Bolsa de emprego
Bolsa de emprego
OS COMEZOS | |
Desde o departamento de Coordinación de FCT(Formación en Centros de Traballo) do IES Xulián Magariños xestiónase desde o curso 2005-2006 unha bolsa de traballo para o seu alumnado do CF de Grao Superior de ASI.
Nun primeiro momento pensouse na posibilidade de colgar na web as ofertas de traballo das empresas e tamén os currículos do alumnado que xa rematou os estudos do ciclo. Esta idea foi descartada porque a experiencia demostrounos que as empresas prefiren que lle enviemos o alumnado xa preseleccionado en función do perfil que precisan para o posto que ofertan. |
|
O NOSO LABOR | |
Porén o noso labor consiste en poñer en contacto as empresas cos antigos alumnos/as que cumpren nun principio cos requerimentos do posto.
|
|
CONTACTO PERMANENTE COAS EMPRESAS E O ALUMNADO | |
O departamento de Coordinación de FCT mantén contacto permanente, incluso nos períodos vacacionais e fins de semana, coas empresas e o alumnado, tanto por e-mail coma por teléfono.
|
|
EMPREGO PÚBLICO | |
Tamén nos encargamos de informar o alumnado de becas, oposicións e calquera outras convocatorias de emprego público que se adapten os estudos que teñen rematado.
|
|
RESULTADOS | |
Os resultados son moi satisfactorios e desde aquí queremos darlle as grazas as empresas e organismos públicos que colaboran connosco neste proxecto.
|
|
CONTACTAR CONNOSCO | |
As empresas ou organismos que desexen participar na nosa bolsa de traballo deberán poñerse en contacto coa Coordinadora da FCT Mónica García Constenla, por calquera dos seguintes medios:
|