Informática
O departamento de Informática, en colaboración coa Asociación GHANDALF organiza 2 charlas divulgativas sobre software libre o vindeiro martes 2 de outubro. A primeira, dirixida a alumnado de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato de perfil técnico terá lugar as 13:35 no salón de actos. Pola tarde terá lugar a segunda charla, para alumnado de ciclo medio e superior de Informática, de 16:20 a 18:00 horas.
Comenza o prazo de presentación de solicitudes para a inscrición nas probas de acceso a ciclos formativos.
Ollo! O prazo para inscribirse nas probas de acceso a ciclo superior é do 8 de febreiro ata o 23 de febreiro
Para inscribirse nas probas de acceso a ciclo medio o prazo será do 12 ao 23 de marzo
INFORMACIÓN REMITIDA POLA CONSELLERÍA
Información sobre a proba de acceso a ciclo superior
Información sobre a proba de acceso a ciclo medio
Hoxe tivemos a sorte de contar con María Victoria Otero Espinar, profesora do Departamento de Análise Matemática da Facultade de Matemáticas da USC, para entregar os diplomas as gañadoras do Premio que leva o seu nome. O premio foi para o traballo titulado "Estudo de habitos saudables entre o alumnado do IES Xulián Magariños", presentado baixo o pseudónimo de Equipo NASA foi elaborado polas alumnas:
• Dª. Alba García Mato
• Dª. Soraya Lorenzo Touceda
• Dª. Alicia Fernández Casas
• Dª. Nerea Leis Piñeiro
Concedeuse ademáis un accésit ao traballo titulado "Spirularia, un caso de biomimética no Val de Barcala" realizado por
• Dª. Alba Espasandín Vázquez, 4º ESO B
• Dª María Mosquera Mouro, 4º ESO A
Parabéns e o noso agradecemento a todos/as participantes.
A vicedirectora, Clara Rodríguez entrégolle unha chave cos traballos premiados. Moitas grazas por todo en nome da Comunidade Educativa.
AQUÍ PODEDES CONSULTAR O TRABALLO GAÑADOR, que seguro será do voso interese.
O vindeiro martes, nas dúas horas da tarde, o departamento de informática organiza unha charla sobre Información Xeográfica Libre e Openstreet Map.
Acudirá o alumnado de ASIR e 2º BAC ao completo, e o de 4º e 1º de BAC só os de TICs.
Prégase aos profesores que tiñan clase cos grupos completos que os acompañen no salón de actos durante a actividade.
Acaba de ser publicada no DOG a normativa que actualiza a oferta de formación profesional en Galicia e o calendario de admisión.
- Oferta de formación profesional en Galicia polo réximen ordinario e polo réxime de persoas adultas
- Información xeral de admisión
- CALENDARIO DE ADMISIÓN
NORMATIVA APLICABLE
Para ver algunhas fotos da Charla celebrada hoxe no Salón de Actos co título "Busca Activa de Emprego, clica na imaxe seguinte: