2ºBAC
Outro ano máis o alumnado do IES Xulián Magariños consegue o 100% de aprobados na convocatoria ordinaria da ABAU 2024: a totalidade do alumnado presentado (24/24) recibiu a cualificación de APTO nas probas de acceso a estudos universitarios.
Un remate ideal a todo o traballo realizado durante estes anos por estes alumnos a quenes desexamos moita sorte.
Queremos darlle a noraboa a todos eles, e queremos destacar especialmente a dos alumnos, Xiana García que acada un dos mellores expedientes de toda Galicia e será galardoada nun acto que terá lugar na Coruña, e Nicolás Santiago Gómez, que quedou a unha décima escasa de estar nesa lista de excelencia académica.
Estes son os prazos para solicitar praza e matricularse en 1º curso dos ciclos de Formación Profesional.
- Para ciclos de Grao Medio e Superior
Ver instruccións detalladas do proceso na Web da Consellería (IR)
VER OFERTA ACTUALIZADA DE CICLOS EN CENTROS PÚBLICOS (IR)
A XLII promoción (2018-2024) de alumnos de bacharelato remata a súa traxectoria educativa no noso centro. O pasado xoves celebraron a súa graduación nun emotivo acto no auditorio de Negreira. O acto foi presentado por Rubén Gómez e Xiana García. Interviron Nuria Juncal por parte do alumnado e Araceli Otero e José Luis Mateos como padriños da promoción e foi amenizado na parte musical por Cibrán Figueiras, Julia Caramés e Lidia García.
Despedimos con moitísimo cariño a este excelente grupo de rapaces e rapazas, académicamente brillantes pero sobre todo moi boas persoas. Parabéns e moitísima sorte nesta próxima etapa das vosas vidas. E comoa sempre dicimos, e non é un tópico: volvede cando queirades que aquí tedes a vosa casa.
Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.
O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.
Concederanse ata 20 premios de 1000 € e os candidatos deben ter unha nota media en bacharelato igual ou superior ao 8,5.
Adxunto poden ver unha folla informativa cos pasos a seguir para o alumnado que desexe presentarse.
Nosos alumnos de segundo de bacharelato, Lidia García Cerviño e Alex Pais Dosil participaron hoxe na XLI OLIMPIADA GALLEGA DE QUÍMICA. Orgullosos do noso alumnado. Moita sorte.
A Consellería de Educación publica as instrucións para a realización das probas de Avaliación de Bacharelato para o acceso a Universidade (ABAU)
Aquí atoparedes : as materias obxecto de avaliación, a puntuación, a duración das probas, como matricularse, etc.
O xoves 19 de outubro o alumnado de 3º e 4º de ESO, FPB e Bacharelato terá a ocasión de disfrutar dunha divertida e gabada representación musico-teatral a cargo do grupo de teatro do IES de Brión. Agardamos que vos guste.
A Consellería de educación financia as probas de acreditación lingüística (B1, B2 e C1) en linguas estranxeiras que se realizarán durante o curso 23-24 en centros públicos de secundaria, bacharelato e FP.
As probas están destinadas a alumnado de bacharelato, ciclos de formación profesional e alumnado de 4º de ESO,
O número de prazas financiadas é limitado e suxeito a unha orde de preferencia , tendo preferencia aquel alumnado que curse ensinanzas nunha etapa plurilingüe e asimesmo por cursos ( 2º BAC, 2º CICLOS FP, 4º ESO, 1º BAC, 1º CICLOS FP)
O ALUMNADO INTERESADO TEN QUE MANDAR UN CORREO ELECTRÓNICO AO CENTRO CO COMPROMISO ASINADO E ESCANEADO
COMPROMISO INDIVIDUAL DE ACEPTACIÓN E PARTICIPACIÓN(editable odt) (PRAZO ATA 3 DE NOVEMBRO)
Máis información na web da Consellería (non facer caso do apartado cubrir a solicitude xa que é exclusivamente para os centros educativos)
O xoves 4 de maio tivo lugar a Feira das Profesións 2023 organizada conxuntamente polos departamentos de orientación do IES Xulián Magariños, do IES de Ames e do IES de Brión. Contou coa presenza dun importante número de expositores entre os que contamos con universidades, CIFP, IES, CFEA, etc., así como con profesionais individuais de diferentes campos que achegaron ao alumnado o día a día das súas respectivas ocupacións.
O evento tivo lugar na Sala de Usos Multiples do IES de Ames e o horario é o seguinte:
De 10 a 14 horas asistencia do alumnado dos tres centros educativos.
De 16 a 18:30: Xornada de Portas Abertas para todo o alumnado e familias dos centros da contorna que quixeron asistir.
Ás 18:30 acto de clausura.
Repercusión nos medios de comunicación
Publicamos o calendario de probas extraordinarias de 2º bacharelato.
Clicar na imaxe para ver o arquivo PDF en máis resolución