2ºBAC
A CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) publica na súa Web toda a información necesaria para matricularse nas ABAU
TODA A INFORMACIÓN SOBRE AS ABAU EN CiUG | ABAU
O 27 de abril ábrese o prazo para presentar a solicitude.
Os premios extraordinarios de bacharelato recoñecen e valoran o esforzo, mérito e traballo do alumnado que cursou esta etapa cun excelente resultado académico.
Concédense ata 20 premios a nivel de toda Galicia, dotados con 1000 € cada un e diploma que permiten optar posteriormente ao premio nacional de bacharelato e tamén eximen do pagamento da matrícula universitaria en 1º curso.
Pode concurrir de xeito voluntario o alumnado que remate bacharelato este curso 20/21 cunha nota media superior a 8,75
INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA NA WEB da Consellería de Educación
Atentos/as aos prazos para solicitar as becas de estudio de este ano !!!
- Becas para alumnado de Bacharelato, FP e outros estudos : ATA 1 de OUTUBRO. Ver toda a información.
- Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo: ATA 30 de SERTEMBRO. Ver a información.
Convocados os premios extraordinarios de bacharelato do curso 19/20. Para alumnado con nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. O prazo de presentación de solicitudes comenza o 23 de xullo e remata o 24 de agosto. Tedes toda a información na web da Consellería. CONSULTAR
Ligazón ao protocolo de realización das probas ABAU 2020. Prestade moita atención as normas hixiénico -sanitarias.
A destacar:obriga de uso de máscara, recomendación de xel hidroalcohólico individual, orden e distancia nas filas de acceso.
NON ESQUECER: etiquetas adhesivas, DNI, resgardo de matrícula, xustificante de pagamento, máscara, bolígrafo azul ou negro.
SE PODE LEVAR TAMÉN: Xel hidroalcohólico, panos de usar e tirar e bebida en botella transparente sen etiquetado nin identificación.
MATERIAL ESPECÍFICO: Dicionario latín- español/galego // dicionario grego-español/galego, // material de debuxo e pintura // calculadora non programable e sen capacidade gráfica
NON SE PODE ACCEDER Á AULA CON teléfono móvil, reloxo dixital ou calqueta outro dispositivo electrónico activado
A avaliación final ordinaria de 2º de bacharelato terá lugar o vindeiro luns día 8 de xuño, e as notas serán recibidas polo alumnado ou os seus representates legais por medio da aplicación Abalar ás 20:00 horas deste mesmo día.
A partir dese momento poden poñerse en contacto co seu profesorado, vía correo electrónico, para solicitar aquelas aclaracións que consideren oportunas.
Se considerasen que éstas non son suficientes, o prazo de reclamacións oficiais será de dous días (10 e 11 de xuño de 2020, ata as 14.00 horas), durante os cales deberán presentar escrito, preferentemente por correo electrónico, ante a dirección do centro. A este efecto poden atopar o impreso de reclamacións na páxina web do IES (no apartado: FORMULARIOS DE RECLAMACIÓNS). Descargarán e cubrirán o impreso e o enviarán ao correo electrónico ies.xulian.magarinos@edu.xunta.es dentro dos plazos establecidos. A dirección do centro someterá as reclamacións á consideración do departamento correspondente, que emitirá unha resolución motivada, seguindo as instrucións publicadas pola Consellería e que poden atopar no mesmo apartado da web do centro.
A Dirección
Ligazón a páxina WEB da CIUG onde podedes descargar o impreso de matrícula e o impreso das Taxas.
Lembrade que para poder matricularse na ABAU hai que ter aboado tamén os dereitos de Expedición do Título.
(como encher o impreso de taxas do título)
Condsellería de Educación, Universidade e F.P. Código 07
Delegación de : Servizos Centrais Código 13
Servizo de : Ensino Medio Código 03
Taxa denominación : Expedición de títulos Código 302003
O prezo 2020 é de
52,94 // 26,60 // 0 para título de bacharel ou técnico superior (tarifa normal / Familia numerosa cat. xeral / Familia numerosa cat. especial)
21,64 // 10,84 // 0 para título de técnico (tarifa normal / Familia numerosa cat. xeral / Familia numerosa cat. especial)
Pódese encher o impreso online en:
http://www.atriga.gal/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos
A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os "Encontros Virtuais" orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.
Os "Encontros Virtuais" da USC, terán lugar a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.
Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección
https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:
o Presentacións das titulacións
o Obradoiros, Retos, etc.
o Opinión de alumnos/as sobre a titulación
o Pílulas relacionadas coa titulación
o Concursos
o Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación
O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.
Mañá mércores terá lugar o acto oficial de inicio de curso no Ies Xulián Magariños. Contaremos coa asistencia dos alcaldes de Negreira e A Baña e a Inspección Educativa, e o persoeiro homenaxeado será o Profesor Miguel Ángel Santos Rego, catedrático na Universidade de Santiago de Compostela, director do Departamento de Pedagoxía e Didáctica e entre outros moitos galardóns, Premio Nacional de Investigación Educativa en 2008. Impartirá unha conferencia para o alumnado de 4º ESO, Bacharelato e Ciclos Medio e Superior titulada " A Educación diante da sociedade do coñecemento: retos asumibles". Será no salón de actos as 12:30 horas.
Tamén se presentará a X edición do premio de Investigación Humanístico, organizado polo IES Xulián Magariños, que levará o seu nome e está dotado con 300€.
O Concello da Baña pon a disposición dos adolescentes que vaian cursar Bacharelato ou algún ciclo de formación profesional nos institutos e Negreira ou Santa Comba durante o curso 2019-2020 un servizo de transporte para facilitarlles os desprazamento ata os centros escolares.
As familias bañesas que desexen utilizar este servizo deberán poñerse en contacto canto antes coa concellaría de Cultura para comunicar os datos pertinentes e facilitar a organización do transporte para todas as persoas interesadas.