Probas de acreditación en linguas estranxeiras (2023-2024)
A Consellería de educación financia as probas de acreditación lingüística (B1, B2 e C1) en linguas estranxeiras que se realizarán durante o curso 23-24 en centros públicos de secundaria, bacharelato e FP.
As probas están destinadas a alumnado de bacharelato, ciclos de formación profesional e alumnado de 4º de ESO,
O número de prazas financiadas é limitado e suxeito a unha orde de preferencia , tendo preferencia aquel alumnado que curse ensinanzas nunha etapa plurilingüe e asimesmo por cursos ( 2º BAC, 2º CICLOS FP, 4º ESO, 1º BAC, 1º CICLOS FP)
O ALUMNADO INTERESADO TEN QUE MANDAR UN CORREO ELECTRÓNICO AO CENTRO CO COMPROMISO ASINADO E ESCANEADO
COMPROMISO INDIVIDUAL DE ACEPTACIÓN E PARTICIPACIÓN(editable odt) (PRAZO ATA 3 DE NOVEMBRO)
Máis información na web da Consellería (non facer caso do apartado cubrir a solicitude xa que é exclusivamente para os centros educativos)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Compromiso probas acreditación linguas estranxeiras.odt | 83.47 KB |
Compromiso probas acreditación linguas estranxeiras.pdf | 101.11 KB |