Comunicados
O Faro de Vigo recolle as declaracións do director do noso centro sobre as posibles modificacións á LOMCE
Onte, como representante dos directores de centros educativos da provincia da Coruña, o director do noso centro, D. Adelino José Pose Reino asistiu a unha reunión da Xunta autonómica de directores onde presentou 14 alegacións sobre diversos temas tratados anteriormente na Xunta Provincial da Coruña:
Subministro de gasoil, mellora das condiciones dos equipos directivos, creación da figura de adxunto a xefatura de estudos, roubos nos centros, queixas do funcionamento de AMTEGA, problemas cos programas E-DIXGAL e ABALAR, apertura e peche dos centros en períodos non lectivos, contratos de cafeterías nos centros, obras nos centros, gastos de telefonía, axudas para libros de textos e formación do profesorado.
Ademais indicou a necesidade dun pacto educativo e que se debata sobre o modelo de dirección existente no noso país en comparación co existente noutros países europeos para tentar melloralo.
Ver referencia da xuntanza na web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rematado o proceso de votación procédese á proclamación de candidatos/as elexidos e suplentes
VER PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS ELEXIDOS E SUPLENTES
Candidaturas ás eleccións de membros do Consello escolar
Calendario para a realización de eleccións de membros do Consello Escolar aprobado o pasado día 4.
Por mor da celebración do 29 Congreso de Enciga suspenderanse as actividades lectivas as dúas últimas horas do xoves 17 e toda a mañá do venres 18 de novembro.
O mércores 26 de Outubro, durante o segundo recreo , tivo lugar no salón de actos o sorteo público dos membros titulares e suplentes para a constitución da Xunta Electoral que organizará e supervisará o proceso de elección de membros do Consello Escolar.
No sorteo público celebrado as 12:25 hrs do día 26 de outubro (mércores) no Salón de Actos saíron elixidos os seguintes membros:
Representante de profesores/as:Titular: Escurís Villa, Ma Jesús 1º Suplente: Rey Rey María
Representante de alumnos/as:Titular: Dos Santos Vieira José Eduardo 1º Suplente: Fagín Castro, Francisco
Representante de pais/nais:Titular: Férnandez Gómez, Juan José ou Casas Rodríguez, Josefa 1º Suplente: Blanco Sande, Juan Carlos ou Vietes Ramos, Eva María 2º suplente: Pensado García Manuel ou Baña Oroña, Manuela
Representante de P.A.S.:Titular: Vilanova Pérez, Juan Carlos 1º Suplente: Pazos Leis, Silvia
A comisión constituirase o día venres 4 de novembro as 12:25 hrs na Dirección do IES Xulián Magariños
Ver comunicado oficial do centro
REFERENCIA NORMATIVA
Consulte neste documento adxunto o calendario do inicio de curso.