Comunicados
Unha boa noticia para o noso alumnado: atendendo ás peticións da comunidade educativa a Consellería reconsiderou a súa decisión e finalmente teremos novo/a conserxe a partir de hoxe. As actividades de PROA e reforzo das competencias clave retomaranse a partir de mañá, mércores, no seu horario habitual.
Lamentamos informar que a partir da vindeira semana nos vemos obrigados a suspender as actividades de PROA e de reforzo das competencias clave en 3º e 4º de ESO que se celebraban no IES polas tardes, dado que a Consellería non vai mandar substituta/o para a conserxe que temos de baixa. A EOI tentará seguir desenvolvendo o seu traballo nestas difíciles condicións, sendo os seus profesores os encargados de abrir e pechar o centro durante o seu horario.
Hoxe 2 de maio é o Día Internacional contra o acoso escolar. No centro traballamos intensamente en varios frontes para consolidar a cultura da non violencia, a convivencia positiva e o valor da palabra. O equipo de mediación, as Titorías entre Iguais, o equipo de igualdade son parte esencial deste proxecto de convivencia que facemos entre todos nós.
Non obstante é necesario lembrar que todos e todas debemos loitar contra o acoso escolar. Por iso, se coñecedes como testemuñas, ou por indicios, dalgún posible caso, poñédeo en coñecemento do voso titor ou titora, ou da dirección do centro.
Unha boa nova. O noso centro foi seleccionado na convocatoria 18/19 de Contratos Programa da Consellería de Educación para a mellora do éxito escolar.
O plan do IES Xulián Magariños incidirá nos seguintes ámbitos de actuación:
1- PROA Plan de Reforzo, Orientación e Apoio fóra do horario lectivo para alumnado con dificultades.
2- Mellora das competencias clave.
3- Mellora da convivencia e promoción da igualdade no centro.
6- Mellora da calidade na xestión do centro.
7- Reforzo das competencias clave en 3º e 4º ESO e FPB, con acompañamento fora do horario lectivo.
A firma do Contrato Programa que terá lugar nos próximos días ven ratificar a liña educativa seguida polo IES Xulián Magariños e supón poder dispoñer de máis recursos económicos e humanos para levar a cabo o noso labor.
Acto de inauguración do curso 20198-2019 coa presentación do IX premio de investigación científica e conferencia de Dna. Pilar Bermejo, decana da facultade de Química da USC titulada "metales y vida". Interesantísimo descubrir como dependendo da concentración e enlace químico, determinados metais e semimetais (Arsénico, selenio, mercurio etc. poden ser elementos esenciais para a vida ou presentar elevada toxicidade).
Hoxe celebraremos unha comida de claustro na que homenaxearemos a dous queridos compañeiros de longa traxectoria no instituto Xulián Magariños. María del Pilar Antelo Docampo, profesora de Bioloxía e Xeoloxía, e Ricardo Rodríguez de Ravena, profesor de Filosofía. Ambos se xubilan a finais deste curso 2017-2018.
Quremos desexarvos moita sorte nas vosas futuras ocupacións e que saibades que vos extrañaremos moitísimo.
Hoxe, ao finalizar as clases, o alumnado do IES Xulián Magariños sorprendeu ao director, Adelino José Pose Reino cunha pequena homenaxe na entrada do instituto. Cun bonito mensaxe de fondo debuxado nunha pizarra, unha alumna de 1º de bacharelato dirixiulle unhas palabras de agarimo e agradecemento polo seu excelente traballo tras catorce anos na dirección e entregoulle un ramo de flores. Adelino emocionado convidoulles a continuar esa convivencia positiva que se logrou nestes catorce anos.
Escrito da dirección do centro para solicitar o ciclo de Atención á Dependencia..
Pode descargar o arquivo en formato PDF aquí.
O Concello de Negreira apoia a solicitude.
13/3 No pleno celebrado onte no Concello de Negreira aprobouse a solicitude de apoio do IES Xulián Magariños para a incorporción do Grao Medio de Atención a Persoas en situación de Dependencia á ofera educativa comarcal.
O concello de A Baña apoia a solicitude.
29/3 O pleno Municipal de A Baña aproba por unanimidade que se potencie a oferta educativa do IES Xulián Magariños coa incorporación do ciclo medio de Atención a persoas con dependencia. (ver nova na web municipal)
Motivos para solicitar a implantación do novo ciclo.
9/2 O noso director explica as razóns polas que un novo ciclo de FP de Atención a Persoas Dependentes sería moi positivo para a comarca e a vila de Negreira. Hai espazo e sobre todo existe demanda e posibilidades de traballo para o alumnado que curse o ciclo.
Temor a que non se autorice o ciclo solicitado
A 12 de xuño aínda non hai confirmación de que se vaia autorizar impartir ese novo ciclo na comarca Barcalesa, o cal significa que probablemente a solicitude sexa denegada