Comunicados
Faise público o calendario escolar do curso 2018-2019.
Como novidade máis salientable o adianto das probas extraordinarias de 2º de bacharelato que pasan de setembro a realizarse entre o 17 e 21 de xuño de 2019.
CONSULTAR CALENDARIO ESCOLAR NA WEB DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
IMPORTANTE: Achégase circular informativa para as familias sobre a Avaliación Final de ESO.
Os días 20 e 21 de Abril 7 alumnos e alumnas do servzo de mediación do centro acompañados pola coordinadora, Kety Lois , a orientadora, Cristina Galdo, a xefa de estudos, María Blanco, a vicedirectora, Clara Rodriguez e o director, Adelino Pose, asistirán as VI Xornadas da Rede de Centros para unha convivencia positiva, que terán lugar no IES Plurilingüe Fontexería da vila de Muros. O IES Xulián Magariños colabora na organización destes encontros.
Estes días no IES Xulián Magariños procedeuse á colocación dos pictogramas pertecentes ao "Proxecto de adaptabilidade coxnitiva" financiado polo Concello de Negreira, proxecto desarrollado por Aínhoa Rodríguez e Raquel Quintáns.
A finalidade este proxecto é facer accesibles os espazos públicos do noso entorno para as persoas con trastornos do espectro autismo (TEA), trastornos da comunicación (TC) ou discapacidade intelectual (DI).
Estamos de Noraboa!
Acaba de publicarse a resolución definitiva dos Contratos Programa dirixidos á mellora do éxito escolar. O IES Xulían Magariños foi un dos centros seleccionados e o Contrato-Programa 2017-18 que asinará coa administración educativa recolle as seguintes liñas de actuación:
1. PROA (ACOMPAÑAMENTO ESCOLAR FÓRA DO HORARIO LECTIVO), o alumnado que o necesite terá clase polas tardes de luns e mércores con docente externo.
2. MELLORA DA CONVIVENCIA E PROMOCIÓN DA IGUALDADE NOS CENTROS (Colaboraremos coa organización e o orzamento dos VI Encontros de Centros para unha Convivencia Positiva que se celebrarán no IES Plurilingüe de Fontexería de Muros).
4. PREVENCIÓN DO ABANDONO TEMPERÁN E DO ABSENTISMO ESCOLAR, teremos agrupamentos en toda a ESO e reforzos en 1º e 2º ESO.
6. MELLORA DA CALIDADE NA XESTIÓN DOS CENTROS
Sabemos que fan os nosos fillos e fillas co teléfono mobil con conexión a internet?
Este venres no salón de actos as 19:00 horas a xefa de estudos e a orientadora do centro falarán dos usos e abusos dos móbiles por parte dos adolescentes, onde en certos casos pode haber implicacións legais. Recomendamos especialmente a asistencia de pais, nais e titores legais do alumnado. Haberá unha posta en común e unha parte práctica polo que se recomenda traer un teléfono móbil intelixente (smartphone).