Comunicados
Publicamos as listaxes de alumnado por grupos. Por protección de datos só se proporcionan as iniciais de nome e apelidos.
VER LISTAXE (PDF)
Listaxe de libros de texto e material escolar
NOTA: Atopouse un erro no ISBN do libro de exercicios de Francés de 1º ESO. O ISBN correcto é 9788490494493.
NOTA 2: O ISBN do caderno de traballo de Lingua Castelá de 1º ESO é 9788468290171
A TER EN CONTA
- Somos centro EDIXGAL. Durante o curso 23-24 o proxecto EDIXGAL inclúe os niveis 1º, 2º e 3º ESO, nos que o alumnado recibirá un ordenador portátil e material educativo dixital para alomenos 6 materias.
- Este curso 23-24 entran en vigor os novos currículos nos cursos pares, polo que varios dos libros de texto cambian para adaptarse.
- O centro ten existencias de libros de 3º de ESO dalgunhas materias NON Edixgal (FQ, XH, MAT, FQ) sobre os que se intentará arbitrar un sistema de reparto equitativo, polo que recomendamos non apresurarse na súa adquisición.
-Para 4º ESO o sistema de reparto será o tradicional do Fondo Solidario de Libros
Acaba de sair publicada a Orde de modificación do calendario escolar, que conleva cambios nas datas de avaliación.
«2. A sesión de avaliación final ordinaria do alumnado do primeiro curso do bacharelato e a sesión da avaliación final de módulos do alumnado do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico deberán realizarse a partir do día 5 de xuño de 2023.
3. As sesións de avaliación final extraordinaria do alumnado do bacharelato e do primeiro curso dos ciclos formativos de grao básico, a sesión de avaliación final do alumnado da educación secundaria obrigatoria, as sesións da avaliación final de ciclo do segundo curso dos ciclos da formación profesional básica e as sesións da avaliación final de módulos do alumnado dos ciclos formativos de formación profesional deberán realizarse a partir do día 22 de xuño de 2023.
A sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final».
Reunida a Xunta electoral constituída o pasado día 2 de novembro e formada por :
- D. José Luis Mateos Santiago (director do centro)
- Dª Rosa Negreira Outeiro (representante dos pais/nais)
- D. Alfredo Iglesias Diéguez (representante do profesorado)
- Dª. Silvia Pazos Leis (representante do Persoal non docente)
- D. Adrián Villar Castelo (representante do alumado)
acordou o calendario electoral seguinte
10 de novembro | publicación das convocatorias de eleccións nos sectores de profesorado/ pais, nais e titores legais / alumnado e publicación dos censos. O prazo de reclamacións ao censo remata o día 17 ás 14:00 horas |
Días 11 a 18 de novembro | presentación de candidaturas (seguindo as instrucións que figuran na correspondente convocatoria electoral). Poden descargar o impreso de presentación de candidatura correspondente que achegamos nos anexos e presentalo en secretaría o envialo por correo electrónico ao centro. |
Días 22 a 25 de novembro | prazo para a campaña electoral |
Día 29 de novembro | Votacións (ver os diferentes horarios na correspondente convocatoria electoral) |
EN CONSECUENCIA INFÓRMASE QUE:
1. Xa están dispoñibles para a súa consulta, no taboleiro de anuncios do centro, as convocatorias de eleccións para renovación dos diferentes sectores do Consello Escolar. Tamén poden consultarse o censos correspondentes.
2.O prazo para presentar candidaturas é do 11 ao 18 de novembro ás 14:00 horas.
3. Neste proceso electoral compre elixir : 2 representantes do profesorado, 2 representantes do alumnado e 2 representantes dos pais, nais e titores legais.
A Dirección
DOCUMENTOS PARA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS A CONSELLO ESCOLAR
- documento presentación candidatura para sector profesorado
- documento de candidatura a sector alumnado
- documento de candidatura a sector pais/nais/titores legais
A nosa compañeira e coordinadora da biblioteca, Teresa Araújo, elaborou unha presentación moi útil onde resume as posibilidades de acceso e servizos que ofrecen as bibliotecas dixitais, tanto do Ministerio de Cultura como da Xunta. Seguro que nos axudará a toda a comunidade educativa a atopar novas e interesantes lecturas. Moitas grazas, Teresa.
Como todos os anos, o verán é época para facer arranxos e melloras no centro. Este curso estamos mellorando o aillamento térmico e acústico das aulas de 2º bacharelato, as máis frías do centro por situación e orientación. Aproveitaremos para cambiar a iluminación por outra máis moderna e optimizada. -> Confort térmico e visual e aforro enerxético. #traballando_pola_sostenibilidade
O profesorado asignado ao centro no CADP en agosto deberá enviar un correo cos seus datos personais ao correo do centro ies.xulian.magarinos@edu.xunta.gal e se lles enviará a información correpondente ao inicio de curso.
Durante o mes de agosto, a atención ao público será a través do correo electrónico do centro ies.xulian.magariños@edu.xunta.gal. Serán atendidos á maior brevidade posible.
Publícase a listaxe provisional de solicitudes de axudas para adquisición de material escolar (cheque de material). Poden consultala vía web na aplicacion fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) ou no taboleiro de anuncios do centro.
Teñen 2 días (luns e martes da semana que ven) para presentar reclamación en caso de estaren excluídos.
Aqueles que a teñan concedida xa poden pasar por secretaría do centro para recoller o vale entre as 10:00 e as 13:30 horas.
Publicamos o calendario de probas extraordinarias de 2º bacharelato.
Clicar na imaxe para ver o arquivo PDF en máis resolución