RESULTADOS DAS ENQUISAS SOBRE PERCEPCIÓN E USO DA BICICLETA
Como sabedes, no instituto queremos fomentar o uso responsable da bicicleta, como medio de transporte cómodo, rápido e ambientalmente responsable, que pode ser axeitado para determinado alumnado nunha franxa de idade e que viva a unha distancia intermedia do centro.
Previo á celebración do Día da Bicicleta, quixemos facer unha enquisa para saber como ven o uso da bici os alumnos e as familias, e que aporten ideas para facer máis cómodo e seguro o seu uso. Creemos que os resultados poden ser de interese para o Concello de Negreira, asociacións e institucións varias, para que tamén traballen a prol do fomento do uso da bicicleta.
Os países máis avanzados promoven e facilitan o uso da bicicleta como medio de transporte diario, que conleva aforro económico, menos atascos, mellora a saúde da poboación e mellora a calidade do aire das poboacións nas que se incrementa o seu uso.
Incluso estase a debatir o feito de pagar á xente por usar a bicicleta como medio de transporte diario ao traballo (ver ligazón)
Aquí tedes os resultados da enquisa.