Tecnoloxía
O IES Xulián Magariños foi un dos seleccionados e participará con outros 35 centros de varias autonomías de España nun completo programa educativo para formar a xuventude na importancia do aforro enerxético , realizando entre outras actividades unha auditoría enerxética do seu centro educativo.
O vindeiro martes 14 de novembro o alumnado de 3º de ESO viaxará a A Coruña para coñecer os museos científicos da cidade acompañado por profesorado dos departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais.
Hoxe tivemos a sorte de contar con María Victoria Otero Espinar, profesora do Departamento de Análise Matemática da Facultade de Matemáticas da USC, para entregar os diplomas as gañadoras do Premio que leva o seu nome. O premio foi para o traballo titulado "Estudo de habitos saudables entre o alumnado do IES Xulián Magariños", presentado baixo o pseudónimo de Equipo NASA foi elaborado polas alumnas:
• Dª. Alba García Mato
• Dª. Soraya Lorenzo Touceda
• Dª. Alicia Fernández Casas
• Dª. Nerea Leis Piñeiro
Concedeuse ademáis un accésit ao traballo titulado "Spirularia, un caso de biomimética no Val de Barcala" realizado por
• Dª. Alba Espasandín Vázquez, 4º ESO B
• Dª María Mosquera Mouro, 4º ESO A
Parabéns e o noso agradecemento a todos/as participantes.
A vicedirectora, Clara Rodríguez entrégolle unha chave cos traballos premiados. Moitas grazas por todo en nome da Comunidade Educativa.
AQUÍ PODEDES CONSULTAR O TRABALLO GAÑADOR, que seguro será do voso interese.
Esta semana organizamos unha serie de actividades e exposicións para todas as persoas interesadas en aprender máis sobre os procesos de impresión 3D e as súas posibilidades. Haberá proxeccións de vídeos explicativos, mostra de obxectos impresos nas impresoras 3D do centro e posibilidade de ver as impresoras en acción.
No hall do 1º andar pódese ver a cúpula xeodésica que construiu o alumnado de 2º ESO Agr, con axuda do alumnado de 1º de Bach. da materia de "Modelado e impresión 3D" que aportaron os conectores pentagonais. Unha serie de paneis informativos axudan a entender as vantaxes, usos e forma de construcción destas interesantes estruturas.
Na interesantísima conferencia sobre polímeros que nos deu o pasado martes o catedrático da USC D. José Ramón Leis Fidalgo poidemos aprender sobre a altísima resistencia da seda da araña e como diversas compañías e grupos de investigación de todo o mundo intentan replicar a súa obtención mediante bioenxeñería.
FOTO: Tea de araña cuberta pola xeada no peche do instituto. J.García
O alumnado de 2º de ESO está a realizar e probar estructuras tubulares de papel. A correcta triangulación das mesmas é esencial para que amosen unha apreciable resistencia
O alumnado de 4º ESO está a traballar cos robots de Lego para familiarizarse coa programación e control de sensores e actuadores mecánicos