Tecnoloxía
Achégase documento coas actividades recomendadas para recuperar a materia de tecnoloxía en setembro.
Na sala de entrada do IES toda aquela persoa interesada pode ver estes días unha demostración do funcionamento das impresoras 3D
O alumnado de 3º de ESO dentro das actividades organizadas polo departamento de Tecnoloxía, preparou unha exposición sobre os materiais plásticos e a súa problemática actual. Nela se poden ver os diferentes tipos de plásticos de uso común, as súas características, as razóns polas que se están a converter nun problema global e o mellor de todo: unha colección de obxectos realizados a partir de plásticos reciclados que nos aportan ideas para darlles un segundo uso a eses materiais antes de botalos ao lixo.
POR FAVOR, en ben do planeta e de todos nós, reduzcamos o uso dos plásticos e colaboremos na súa correcta reciclaxe.
Aquí tedes os apuntes do tema de materiais cerámicos e de construción. LIGAZÓN
O noso centro participa no programa " Enerxía con Conciencia" da Fundación Repsol. Os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía e Xeoloxía están a elaborar co alumnado unha auditoría enerxética para analizar os consumos de enerxía eléctrica, combustibles e auga no día a día do funcionamento do centro co obxectivo de facer unha serie de propostas de mellora buscando a racionalización e eficiencia no seu uso.
Ao longo dos próximos días todos seredes tamén protagonistas destas actuacións... porque ¿que facedes vos para aforrar enerxía?
A universidade de Santiago, na sede do campus Terra de Lugo organiza un campamento científico para alumando de 4º ESo e 1º Bacharelato.
Do 2 ao 6 de xullo estaredes inmersos nun ambiente científico e lúdico ideal para aprender e divertirse. Polas mañás teredes actividades practica e obradoiros, e polas tardes actividades en grupo e sociais.
-Fotosíntese artificial -Guiado de tractores con GPS -Enerxías do futuro...
e moito mais. O custo do campamento é de 150€ con pensión completa.
Tedes toda a información nesta ligazón.
Prazo de inscrición ata o 6 de maio!!
O 11 de abril o alumnado de 4º ESO realizou unha visita á depuradora e á potabilizadora de Negreira saindo a segunda hora e regresando a última.
Hoxe inauguramos dúas mostras de carteis adicados a excepcionais figuras femininas no mundo da técnica e da ciencia. Mulleres que foron pioneiras nos seus campos e que na maioría dos casos careceron do xusto recoñecemento no seu tempo. Quen dixo que as tecnoloxías e as ciencias non son cousa de mulleres?
(podedes descargar unha imaxe dos carteis clicando en adxuntos)