Lingua Galega

1º ESO. Club de lectura

19.01.2024

 

Na mañá do venres, 19 de xaneiro de 2024, o alumnado de 1º ESO B xunto coa súa profesora de Lingua Galega, Pilar López, xuntáronse na biblioteca do centro educativo para pór en común a lectura do libro de María Reimóndez, Usha, acompañado dunha deliciosa bica.

Con esta obra o alumnado tivo ocasión de descubrir a cultura popular da India, lugar a onde unha rapaza galega, Uxía, Usha para os amigos, chega acompañando a súa nai que era membro dunha ONG.

A través dos ollos de Usha descríbesenos a súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India, onde fixo algunhas amizades, especialmente con Lakshmi e Deepak e puido coñecer novos costumes e lendas e descubrir unha nova lingua: o canarés.

A xuntanza foi moi interesante e permitiunos comparar moitos aspectos da cultura india e galega.

Álbum: Escolares -> 2024_01_19_2ª AVA_1º ESO_Club de lectura

3º ESO. Coñece as túas institucións. Xunta de Galicia e Parlamento de Galicia

24.01.2024

 

O 24 de xaneiro o noso alumnado de 3º ESO acompañado das profesoras Rocío López, Cristina Ouro e Nerea Iglesias visitaron Compostela dentro do Programa "Coñece as túas institucións" onde visitaron a Xunta de Galicia e o Parlamento de Galica. Foi unha xornada ben entretida e chea de coñecementos!

Álbum: Escolares -> 2024_01_24_2ª AVA_3º ESO_Coñece as túas institucións_Xunta de Galicia e Parlamento de Galicia

Plan Proxecta: Cóntame un conto. Formación profesorado

20.01.2024

 

 

As profesoras do IES Río Cabe, Sara Porrit, Noelia Besteiro e Pilar López participaron nos cursos de formación do Plan Proxecta Cóntame un conto no que están a traballar co alumnado de 1º, 2º e 3º ESO.

O día 18 de novembro e o 20 de xaneiro tiveron ocasión de coñecer o Museo do Pobo Galego e participaron nos obradoiros para coñecer a literatura de tradición oral de Galicia, así como o de gravar a arte de contar. Alén disto tiveron a fortuna de escoitar a dous grandes contadores de contos como son María da Pontragha e Celso F. Sanmartín.

Deixámosvos algunha fotografía.

Álbum: Escolares -> 2024_01_20_2ª AVA_1º ESO_Cóntame un conto_Formación profesorado

1º ESO. Club de lectura

17.01.2024

Na mañá do mércores, 17 de xaneiro de 2024, o alumnado de 1º ESO A xunto coa súa profesora de Lingua Castelá, Nuria Mariño, xuntáronse na biblioteca do centro educativo para pór en común a lectura do libro de Iria Misa Mamá, quero ser Ziggy Stardust e degustaron un biscoito de noces.

Compartiron a vida dunha nena que non se identifica co sexo co que naceu e sente unha admiración especial pola figura de Ziggy Stardust. Na reunión analizaron todos os problemas que lle acarrexou esta situación: problemas familiares, rexeitamento dunha parte da sociedade, conflitos escolares, actitude ben diferentes de persoas moi achegadas... Con esta obra a rapazada achegouse ao mundo da diversidade dun xeito natural.

A historia está narrada por un amigo invisible de Anie, a protagonista, co que fala e comparte as súas confidencias, xoga, canta, maquíllase...

 

Álbum: Escolares -> 2024_01_17_2ª AVA_1º ESO_Club de lectura

ESA. Obra teatral: O porco de pé

09.11.2023

 

O xoves 9 de novembro, alumnado e profesorado da ESA acudiu ao Edificio Multiusos de Monforte de Lemos para gozar da obra teatral O porco de pé de Vicente Risco da man de Producións Excéntricas. Foi unha tarde ben entretida!

 

Charla da poeta Olga Novo no Río Cabe

O luns día 17 de marzo de 2023 a escritora Olga Novo ofreceu un relatorio ao alumnado de 2º de Bacharelato. A poeta falou de poesía, da súa experiencia como escritora, a cal lle vén dende moi cativa, e de todo aquilo que a inspira para as súas obras. Durante o tempo que durou o encontro, alumnado e profesorado tamén puideron gozar da escoita de poemas da autora, concretamente da obra Feliz Idade (2019) a cal foi galardoada, entre outros, co Premio Nacional de Poesía 2020.
Foi unha actividade moi ilustrativa e que de seguro lles achegou moitos coñecementos no campo da literatura, especialmente de cara a ABAU.
O encontro coa poeta guímara foi organizado polo departamento de Lingua e Literatura Galega.
Moitas grazas, Olga! Foi un verdadeiro luxo contar contigo no noso instituto. Esperamos vover a verte en futuras ocasións. 

 

 

Roteiro "A Esmorga"

 O luns 20 de marzo de 2023 o alumnado de 4º ESO A e B acudiu a Ourense para realizar o roteiro da obra literaria A Esmorga de Eduardo Blancoamor. Previamente leron a obra na clase de Lingua e Literatura Galega para poder ter un coñecemento previo do itinerario polos escenarios urbanos do texto.

Acompañados das súas profesoras, Ana Otero, Noelia Besteiro e Rocío López, e mais un guía da Oficina de Turismo, profesorado e alumnado gozaron dunha xornada na que se mergullaron de cheo nos lugares polos que transitan os personaxes da obra literaria coñecendo as diferentes localizacións da cidade de Auria como son as Burgas ou a Praza do Correxidor, entre outros moitos escenarios.

Foi unha xornada moi ilustrativa e entretida.

 

Primeiro premio Poesía Respira!

Ao abeiro do Festival de poesía Alguén que respira!, convocouse o certame Poesía Respira! para centros escolares de Galicia. As composicións presentadas tiñan que ter como tema o "cambio de clima e os legados culturais da vida".

Os versos do noso alumno Xurxo González Rodríguez, de 4.º de ESO, gañaron o premio da categoría E.S.O., galardón dotado con 300 euros. 

Moitos parabéns!!!!

Premios de Poesía - Biblioteca Lois Pereiro

Xurxo González Rodríguez, alumno de 4º ESO no noso centro, foi gañador do terceiro posto, logo de obter o primero posto no Certame de Microrrelatos María Casares,  no concurso de Poesía de Nadal 2022 do Concello de Monforte que se fallou o pasado martes 10 de xaneiro, na categoría de 12 a 15 anos.

 

Noraboa, Xurxo, polo teu talento, esforzo e capacidade de traballo e moita sorte en próximas convocatorias.

 

2º de Eso - Visita ó Museo de Lugo e Rocódromo

O día 14 de decembro de 2022 o alumnado de 2º ESO do IES Río Cabe   realizou unha saída á cidade de Lugo acompañados polos profesores de Lingua Galega e Literatura, Marco Antonio Piñeiro e Ana Otero, e o profesor de Educación Física, Jorge Fortes.

Durante a primeira parte da mañá visitaron o Museo de Lugo e nel participaron nunha xincana das rutas literarias do museo sobre os contos do libro Contos de fantasmas no museo, o cal leron previamente nas clases de Lingua Galega e Literatura.

Na segunda parte da mañá, alumando e profesorado acompañante gozou dunhas horas no rocódromo de Lugo RocoLugo onde puideron iniciarse na escalada. Foi todo unha experiencia!

A actividade estivo organizada polos departamentos de Lingua Galega e Literatura e Educación Física.

Distribuir contido