Novas pais/nais

Reunións de orientación académica e profesional coas familias do alumnado de 1º e 2º de ESO

O luns 21 de maio, ás 18:30 horas, as familias do alumnado de 1º de ESO  están convocadas a unha reunión sobre orientación académica e profesional coa orientadora do centro, M.ª Victoria Fernández, e a xefa de estudos, Paula López. Terá lugar no Salón de Actos do centro. Ás 19.00 están convocadas as familias do alumnado de 2º de ESO.  Máis información aquí.

Suspendida a sesión de ANAQUIÑOS MATEMÁTICOS do 16 de maio

Dado que tres grupos de 1º de ESO están de excursión, a sesión do 16 de maio suspéndese e será recuperada en xuño, nunha data aínda por determinar.

Correlingua

O pasado luns 7 de maio os/as alumnos/as de 2º de ESO participaron no CORRELINGUA, a carreira polo galego que se iniciou en Bueu o 2 de maio e rematará en Vigo o 16 do mesmo mes, pasando pola Estrada, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Lugo, Mondoñedo, Tomiño, Ourense, Monforte de Lemos e Ferrol.

Un alumno e unha alumna, PREMIOS AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN persoal na ESO (2016-2017)

   O venres 11/5/2018 estivemos, en representación do centro, acompañando o noso alumnado no acto oficial de entrega de premios ó que se refire esta nova. Alí gabouse o esforzo do alumnado e recoñeceuse o traballo de centros coma o noso a prol de todos os alumnos e alumnas, incluídos aqueles con algunha necesidade específica.

Charla da Garda Civil: Os riscos das novas tecnoloxías

Organizada polo Departamento de Orientación e dentro do Plan Director da Xunta de Galicia, o  mércores 9 de abril tivemos a visita da  Garda Civil para dar unha charla sobre os riscos das redes sociais e as novas tecnoloxías.

Charla sobre Ciclos Formativos de Grao Medio

Á aula de 4º ESO D acudiron dous conferenciantes moi especiais: os nosos exalumnos Saúl Agulleiro e Ian Alonso, que remataron 4º ESO o pasado curso. Explicaron como tomaron a decisión de estudar un Grao Medio, como realizaron a matrícula e que atoparon ao empezar os seus estudos. Compartiron unha experiencia de primeira man que resultou de sumo interese para o alumnado de 4º.

Charla de Jorge Mira (USC)

O pasado venres 4 de maio, o alumnado das materias Cultura científica e Ciencias aplicadas de 4º ESO e o de 1º BACH. A tivo a oportunidade de escoitar o profesor Jorga Mira, da Facultade de Física da USC, na charla " A que distancia está o ceo?", dentro do programa EDUMOTIVA da Consellería de Educación. Queremos agradecer a súa colaboración ás familias que axudaron a que esta charla fose posible e á profesora Irene García.

Desculpas dalgúns alumnos e alumnas de 3º ESO do grupo TEI

O día 20 de abril, o alumnado de 1º e 3º de ESO do grupo TEI (Titoría entre iguais) realizou un roteiro pola cidade de Santiago no que algúns alumnos e alumnas de 3º incumpriron as súas obrigas. Conscientes diso, queren pedir desculpas públicas: aquí.

Reunión informativa sobre a saída do PROXECTO TERRA (1º ESO)

O vindeiro martes día 8 de maio, ás 16:30 horas, terá lugar no Salón de Actos do IES do Milladoiro unha reunión informativa para as familias do alumnado que asistirá á saída Ferrol-Fragas do Eume do Proxecto Terra (1º ESO), a cargo da profesora de Paisaxe e Sustentabilidade e responsable da actividade, María López Álvarez.
Non é imprescindible a asistencia, é unha xuntanza simplemente informativa para aclarar dúbidas.

Reunión de orientación académica e profesional coas familias do alumnado de 3º ESO

 O martes 8 de maio, ás 18:15 horas,  as familias do alumnado de 3º ESO están convocadas a unha reunión sobre orientación académica e profesional coa orientadora do centro, M.ª Victoria Fernández, e a xefa de estudos , Paula López. Terá lugar no Salón de Actos do centro.

Restantes cursos: consultar calendario aquí.

III OLIMPÍADA DE CONVIVENCIA-Podium de abril

III OLIMPÍADA DE CONVIVENCIA - Resultados de abril

"HACKATÓN" POLA DIVERSIDADE

O pasado xoves, día 26 de abril, o alumnado de 2ºB da ESO, participante no proxecto EpD_LAB de AGARESO, tivo a ocasión de xuntarse en Silleda co de Vilagarcía, Boiro, Bueu e Viana do Bolo, os outros centros que forman parte do proxecto, para celebrar un "Hackatón" a prol da diversidade na sociedade, nas aulas e nos medios. 

Obradoiro de manuscritos medievais

Dentro das actividades programadas pola Biblioteca do IES do Milladoiro pola Semana do libro, o Departamento de Xeografía e Historia organizou un Obradoiro de manuscritos medievais para o alumnado de 2º de ESO. A profesora da Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña, Mercedes López Mayán, explicou como se realizaban os manuscritos na Idade Media e foi guiando o noso alumnado na elaboración dos seus propios manuscritos ao modo medieval.

Campamentos de verán da Xunta de Galicia

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2018. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 18 de maio. Máis información: aquí.

Visita a Ferrol

O alumnado de 3º de ESO visitou o Arsenal Militar e o Museo da Construcción Naval de Ferrol o pasado 25 de abril, nunha actividade realizada polo Departamento de Xeografía e Historia.

Saída ao teatro : DIVINAS PALABRAS R

O mércores 25 de abril, o alumnado de 1º de Bacharelato acudiu ao Salón Teatro de Santiago de Compostela para ver a impactante adaptación da obra de Valle Inclán  a cargo do CDG.

Campamento científico da USC

O venres 23 de abril ábrese o prazo para inscribirse no "VI Campus de verán Xuvenciencia", que terá lugar do 2 ao 6 de xullo e vai dirixido a alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

Máis información e preinscrición aquí.

Reunións de orientación académica e profesional coas familias do alumnado

O martes 24 de abril terán lugar as primeiras reunións de orientación académica e profesional entre a orientadora do centro, M.ª Victoria Fernández, a xefa de estudos , Paula López, e as familias do alumnado, co seguinte horario:

18: 15 = 1º BACHARELATO

19: 00 = 4º ESO

Restantes cursos: consultar calendario aquí.

DÍA DO LIBRO na Biblioteca

A Biblioteca do IES do Milladoiro organiza durante todo o mes de abril a actividade CITA A CEGAS NA BIBLIOTECA, consistente en acudir á biblioteca para pedir en préstamo lecturas sorpresa clasificadas por categorías: 1º e 2º ESO/ 3º ,4º de ESO e BACH/ Profesorado. 

Ademais, para conmemorar o Día do libro, terán lugar distintas actividades:

Visita á exposición "Auschwitz. No hace mucho. No muy lejos" (Madrid)

O pasado 21 de abril, alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato realizou unha visita, organizada polo Departamento de Xeografía e Historía, á exposición Auschwitz. No hace mucho. No muy lejos.

 A mostra presenta dun xeito  exhaustivo o que foi o campo de exterminio nazi de Auschwitz, convertido en símbolo do horror. Explica tamén o contexto no que se produciu o ascenso de Hitler ao poder (dende a Primeira Guerra Mundial ata a crise de 1929), as características do réxime nazi, os comezos da Segunda Guerra Mundial, a "solución final", o sistema concentracionario, a vida e a morte en Auschwitz, a liberación do campo, a situación das persoas que sobreviviron...

Obradoiro sobre arquitectura urbana

O luns 23 de abril visitaron o centro dúas persoas de Arquitectura sen Fronteiras, ONG que traballa pola defensa do dereito a un hábitat digno. Traballaron co alumnado de 1 ESO A e F, reflexionando sobre a nosa contorna, valorando os seus aspectos positivos e negativos e facendo propostas de mellora.
Esta actividade inclúese dentro do Proxecto Terra, un proxecto que se desenvolve ao longo do curso dende a materia de Paisaxe e Sustentabilidade.

V Xornada gastronómica francesa e de cociñas do mundo

O 17 de abril o Departamento de Francés, en colaboración coa Biblioteca do centro, celebrou a V Xornada gastronómica, con gran éxito de participación. O xurado, composto por representantes do alumnado, do profesorado e do persoal non docente, tivo moi difícil repartir os premios. Queremos agradecer a colaboración das familias e do alumnado participante.

Obradoiro: O BO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

O alumnado de 1º de ESO participará, a partir do 18 de abril, nun obradoiro sobre o bo uso das novas tecnoloxías. Será dirixido pola ONG Igaxes, en catro sesións que terán lugar nas horas de titoría de cada grupo.

Charla sobre os orzamentos participativos do Concello de Ames

O 16 de abril o alumnado de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de colaborar cunha treboada de ideas no proceso dos orzamentos participativos do Concello de Ames, da man dos técnicos do Concello e da concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero.

Inmersión lingüística en colonias de vacacións para o verán 2018

O MEC convoca axudas para que o alumnado de 1º e 2º de ESO poida participar en campamentos de inmersión lingúística en inglés en xullo de 2018. Máis información: aquí.

Maleta da igualdade

O Departamento de Lingua Galega realizou co alumnado de 4º de ESO D unha actividade de busca de información e reflexión. Para ela,  utilizaron o contido da "Maleta da igualdade" da Consellería de Cultura e da Secretaría Xeral de Igualdade que a biblioteca do centro ten en préstamo ata o próximo martes 17 de abril.

 

Maleta da igualdade II

Día Mundial do Pobo Xitano

Con motivo do Día Mundial do Pobo Xitano, que se conmemora o 8 de abril, a Fundación Secretariado Xitano e mais Agareso promoveron o vídeo participativo: Das mulleres xitanas para todas as mulleres. Marcando a diferenza. Foi presentado o venres pasado, 6 de abril, no Centro Sociocultural de Fontiñas.

O IES do Milladoiro na REVISTA GALEGA DE EDUCACIÓN

O n.º 70 da Revista Galega de Educación, publicado en marzo, dedícase á aprendizaxe por proxectos e ao carácter formativo da acción titorial. Recolle o caso do noso centro no artigo "Convivencia e saúde en rede: a experiencia do IES do Milladoiro."

O IES do Milladoiro na Revista Galega de Educación

O nº 70 da Revista Galega de Educación, publicado en marzo, adícase á aprendizaxe por proxectos e ao carácter formativo da acción titorial. Recolle o caso do noso centro no artigo "Convivencia e saúde en rede: a experiencia do IES do Milladoiro."

Distribuir contido