Novas pais/nais |
A folga de estudantes convocada para esta semana desenvolverase nunha única xornada o mércores 13 de abril. |
|||
Comunícase que resultaron admitidas todas as solicitudes de Reserva do centro adscrito (CEP Ventín); igualmente, todas as solicitudes de Admisión realizadas, coa única excepción dunha delas feita para 2º de bacharelato de Ciencias (por, de momento, falta de prazas vacantes). As listaxes completas están a disposición no taboleiro de entrada do centro.
|
|||
É preocupante a cantidade de alumnas e alumnos que entran no centro despois das 8:50. Este problema tratouse no Consello Escolar do pasado 31 de marzo, onde se falou da necesidade de tomar medidas para poñer fin a esta situación, o que pode significar a modificación do Protocolo de xestión de faltas de asistencia e de puntualidade do alumnado, a disposición de toda a comunidade escolar nesta mesma web. Apelamos á colaboración das familias dado que sen a súa implicación será imposible acabar con este problema. |
|||
O luns 25 de abril ás 19:30 horas, no salón de actos do centro, celebrarase unha charla informativa para os pais/nais/titores/as legais do alumnado do centro sobre “Bo uso das Novas Tecnoloxías” impartida por Igaxes3.
|
|||
O luns 7 de marzo ás 19:00 horas terá lugar unha charla informativa sobre a USC para as familias do alumnado de 2º de Bacharelato impartida polo profesor Antonio Segura Iglesias, Decano da Facultade de Bioloxía da USC. Esta actividade está enmarcada dentro do programa A ponte entre o ensino medio e a USC, e dentro do programa de orientación académico-profesional realizado desde o centro co alumnado de 2º de Bacharelato. |
|||
Ao longo do mes de xullo de 2016 levarase a cabo a sétima edición do Programa Campus Científicos de Verán, iniciativa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD), xunto coa Fundación Española e co apoio de Obra Social “La Caixa”. O programa está dirixido ao alumnado de 4º de ESO e de 1º Bacharelato.
|
|||
A saída ao Pedroso do alumnado de 2º ESO terá lugar, finalmente, o martes 16 de febreiro de 1ª a 6ª hora. |
|||
O pasado xoves 11 de febreiro celebrouse no salón de actos do Instituto unha charla sobre internet e redes sociais para as familias de 1º da ESO. A charla, dentro do Plan Director da Garda Civil, puxo de manifesto os riscos do mal uso desta tecnoloxía e, pola contra, abriu portas para unhas boas prácticas. A asistencia foi bastante numerosa, o que pon de manifesto o interese existente por estas cuestións. |
|||
O xoves 11 de febreiro ás 19:00 horas, no salón de actos do centro, celebrarase unha charla informativa para os pais/nais/titores/as legais do alumnado de 1º e 2º da ESO sobre “Internet e Redes Sociais” impartida pola Garda Civil dentro do “Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e a súa Contorna”. |
|||
Xúntase a Orde do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
|
|||
O martes 29 de setembro terá lugar no salón de actos do centro unha reunión de presentación dos titores de 4º ESO e 1º e 2º BACHARELATO ás familias co seguinte horario:
O martes 6 de outubro terá lugar no salón de actos do centro unha reunión de presentación dos titores de 1º, 2º e 3º ESO co seguinte horario:
|
|||
O centro procedeu á eliminación de envío de cartas de faltas etc. por correo postal, pois pon á súa disposición unha aplicación para poder consultalas.
Se vostede é pai/nai/titor legal dun alumno/a matriculado no centro, ten un teléfono móbil “intelixente” e nos ten comunicado no centro o seu número de teléfono (pode facelo poñéndoo nos datos do impreso de matrícula, ou dirixíndose ó centro en calquera momento) pode descargar a aplicación gratuíta abalarMóbil da Consellería, que lle permitirá consultar e recibir alertas coas faltas de asistencia do seu fillo/a, consultar as cualificacións, recibir avisos do profesorado etc. Se o seu sistema é Android búsquea e descárguea desde o Play Store, e se é Ios desde o Apple Store. O primeiro paso que debe realizar é o rexistro. Para iso debe introducir o seu número de teléfono móbil e premer en “Enviar”. A continuación recibirá unha mensaxe cun código que terá que introducir na pantalla correspondente e premer en “Enviar código”. Na seguinte pantalla solicítase un contrasinal (mínimo 8 caracteres con algunha maiúscula, algunha minúscula e algún número), que será o que utilizará para acceder á aplicación. Deberá escribilo nos dous recadros e premer en “Aceptar”. A continuación, aparecerá unha pantalla na que se indica que o rexistro foi completado correctamente. Para finalizar, soamente é preciso premer en “Continuar” e acceder a abalarMóbil co contrasinal elixido para poder visualizar os datos e toda a información do alumno/a. Se lle aparece unha mensaxe de que o seu teléfono non está asociado a un alumno/a, ou de que existe máis dun usuario con ese número, consulte na secretaría do centro.
Máis información, cun vídeo explicativo, unha guía de uso e un apartado de “Preguntas e respostas” en: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16