Novas pais/nais |
O xoves 25 de maio, festivo local, e o venres 26 de maio, día non lectivo aprobado pola Xefatura Territorial, non teremos clase. A dirección. |
|||
Comunicamos á comunidade educatica a detección dun caso de varicela en 1º ESO. A dirección. |
|||
|
|||
|
|||
O próximo luns 27 de marzo ábrese o prazo de inscrición para participar nas actividades que se van realizar na aula de informática da Casa da Cultura do Milladoiro. [Máis información] |
|||
O próximo mércores, 29 de marzo, ás 19:00 hrs terá lugar no Salón de Actos do IES do Milladoiro a charla "Crianzas trans*formando a sociedade" ao coidado de Cristina Palacios, traballadora social e docente, presidenta de Arelas (asociación de familias de menores trans* de Galicia). Esta charla forma parte da iniciativa Escola de Pais.
|
|||
A Consellería vén de decretar a SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo. ENLACE Á INFORMACIÓN DA CONSELLERÍA 1 ENLACE Á INFORMACIÓN DA CONSELLERÍA 2 Tamén se suspenden as actividades no exterior, pero, en principio, non as clases. A tarde deste mércores (22 de marzo) tampouco haberá as habituais clases de reforzo do programa Proa. |
|||
O pasado venres 10 de marzo o noso centro participou, en Bertamiráns, na fase comarcal do Club de Debate, con 3 equipos, compostos por alumnado de 3º da ESO e de 1º de Bach. Non logramos clasificarnos para a fase final, pero fomos o centro que máis equipos presentou, e competimos moi ben nunha actividade na que se investiron horas de preparación (baixo a coordinación do profesorado do EDLG) e que supuxo unha excelente práctica do que é preparar un tema traballando en equipo e o que implica presentarse ante un auditorio para defendelo. Superamos ben esa fase de nervios e quedamos co bo sabor do traballo ben feito. Parabéns ás nosas alumnas e aos nosos alumnos participantes. [Máis información] |
|||
Publicada a Resolución do 23 de febreiro de 2017, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para participar no Programa "Campus científicos de verán" para alumnado de Ensino Secundario e Bacharelato durante o ano 2017. O prazo para cubrir o formulario de solicitude (na web) e presentar a documentación esixida estará aberto até as 15:00 h do día 24 de marzo de 2017. |
|||
Ás 19:00 horas do vindeiro mércores, 22 de febreiro, terá lugar no Salón de Actos do IES do Milladoiro unha reunión na que se presentará ás familias do alumnado que se vaia matricular no centro en 1º da ESO no curso 2017/2018 as liñas de traballo do Instituto, así como as súas instalacións. A reunión está dirixida ás familias do CEP de Ventín, centro adscrito ao Instituto, pero está aberta a familias doutros centros que poidan estar interesadas nesta información. |
|||
Preme no enlace para consultar o programa das actividades que se van realizar na aula de informática do Milladoiro no primeiro trimestre do próximo ano. Lembrámosvos que as inscricións son a partir do 9 de xaneiro. |
|||
Asínase un acordo experimental co IES do Milladoiro para que o alumnado poida realizar traballos comunitarios nas dependencias municipais.[Máis información) Novas na prensa: |
|||
Recordamos que o período de vacacións de Nadal comezará o xoves 22 de decembro e que as clases se retomarán o luns día 9 de xaneiro. Os boletíns de cualificacións entregaranse o último día de clase (na mañá do mércores 21). |
|||
O alumnado de 1º de ESO presentará o traballo realizado no Obradoiro “Coñece a nosa cultura”, dentro do Programa Aleida de IGAXES3, nas horas de titoría. Consideramos que a presenza das familias nesta presentación é importante e por iso vos convidamos a asistir nas datas e horas sinaladas no seguinte enlace. As presentacións realizaranse no salón de actos do IES do Milladoiro.
|
|||
O luns 28 de novembro celebráronse as eleccións para o Consello Escolar do IES do Milladoiro. Preme no enlace para coñecer os resultados. |
|||
A Xunta de Delegados do centro acordou secundar a folga de estudantes convocada para este xoves 24/11/16. Para que a falta de asistencia sexa computada como folga cómpre que o alumnado entregue puntualmente o documento individual de participación facilitado polo centro. |
|||
O 28 de novembro celébranse eleccións para o Consello Escolar. A vosa participación é moi importante! CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR CANDIDATURAS PRESENTADAS NO SECTOR NAIS/PAIS
|
|||
Recordamos que o luns 31 de outubro (Día do ensino) e o martes 1 de novembro (Día de todos os santos), non teremos clase. |
|||
As reunións terán os seguintes obxectivos:
CALENDARIO
|
|||||||||||
Consulta no enlace a CONVOCATORIA 2017–2018 da Fundación Amancio Ortega. As inscricións poden realizarse dende o 3 de outubro até o 15 de novembro do 2016 (apertura e peche ás 13:00 horas, horario peninsular). Co teu DNI e correo electrónico poderás inscribirte no programa e crear a túa solicitude.
|
|||
As reunións terán os seguintes obxectivos:
CALENDARIO
|
|||||||||
Reunións informativas para o alumnado e familias (avisadas telefonicamente) que cursarán PMAR (Ensinanzas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo).
|
|||
O xoves 15 de setembro, ás 13 h, terá lugar a presentación de 1º e 2º de Bacharelato (non hai transporte escolar). O venres 16 de setembro terán lugar as presentacións da ESO, para as que haberá servizo de transporte para permanecer no centro entre as 11:00 a 13:00 horas. Os horarios por grupos son os seguintes:
O luns 19 de setembro comezarán as clases no horario habitual. |
|||
|
|||
TODO o noso alumnado presentado á selectividade obtivo unha cualificación de aprobado (ou superior). A paciencia, a constancia e o traballo tranquilo, continuado e ben feito dan os seus froitos. Moitos parabéns para elas/eles e as súas familias, e para toda a comunidade educativa do Milladoiro. |
|||
Solicitudes ata o 23 de xuño // Devolución de libros ata o 22 de xuño RESUMO FONDO E AXUDAS LIBROS 2016
|
|||
Reunións informativas de orientación académico-profesional, no salón de actos do IES, o mércores 18 de maio:
|
|||
|
|||
A Escola de Educación Infantil do Milladoiro e o CEP Plurilingüe de Ventín organizan un ciclo de conferencias titulado "Dende a escola: charlas para reflexionar". Trátase de catro sesións que se celebrarán no Salón de Actos do IES do Milladoiro ao longo dos meses de maio e xuño orientadas ás familias de Infantil, Primaria e Secundaria. |
|||
Recordamos que o xoves 5 de maio, festivo local, e o venres 6 de maio, día non lectivo aprobado polo Consello Escolar, non teremos clase. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- seguinte ›
- última »
ENLACE