|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 02/11/2018 - 17:34
|
O venres 2 de novembro recibimos no centro a visita do alumnado de cinco anos da escola EEI do Milladoiro. Cada parelliña de infantil foi acollida por unha parella TEI (Titoría entre iguais) do noso centro, formada por alumnado titor de 3º de ESO e alumnado titorizado de 1º de ESO.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 02/11/2018 - 13:24
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 01/11/2018 - 17:23
|
O IES do Milladoiro, en colaboración co Concello de Ames, vai desenvolver neste curso un programa de prevención de condutas adictivas en 2º e 4º de ESO. O calendario das reunións e das intervencións é o seguinte: - Formación co profesorado: martes 06/12/18 ás 18:15 horas. - Intervención co alumnado de 2º e 4º da ESO ao longo das semanas do 12 e 19 de novembro. - Reunión coas familias de 2º e 4º da ESO: martes 04/12/18 ás 18:15 horas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 01/11/2018 - 16:54
|
Da man do proxecto Aleida - Conecta e de IGASEX3 comenza en novembro o "Obradoiro de igualdade e bos tratos" que se desenvolverá ao longo do mes nas horas de titoría de 2º ESO.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 30/10/2018 - 20:06
|
O luns 29 de outubro celebrámolo coa entrega de diplomas por parte do Director aos axudantes de biblioteca do pasado curso, unha actuación musical a cargo das alumnas de 3º de ESO Nuria Chan e Alba Conde e a lectura de poemas por parte de alumnado do EDLG. Ademais, soltáronse libros en diferentes puntos do centro para ser levados por quen os desexe.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 28/10/2018 - 17:51
|
Un total de oito grupos representarán o noso centro no VIII CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO DE AMES. O pasado día 24 de outubro asistiron á primeira sesión de formación no Pazo da Peregrina (Bertamiráns, Ames.)
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 28/10/2018 - 17:40
|
O venres 26 de outubro visitou o noso centro o mago Roberto Lolo e fixo pasar un anaco estupendo ao alumnado de 1º de ESO.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 24/10/2018 - 08:07
|
O 23 de outubro o departamento de Lingua Galega e Literatura levou ao alumnado de 2º de Bacharelato ao Salón Teatro de Santiago para asistir á representación de Elisa e Marcela, unha coproducción de A Panadería co Centro Dramático Galego. A semana anterior foi o alumnado de 2º e 3º PMAR o que puido asistir a Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena, unha coproducción de Pistacatro co CDG baseada na obra de X. L. Méndez Ferrín.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 23/10/2018 - 16:30
|
A ANPA Milla invita á comunidade escolar do IES do Milladoiro a participar no MAGOSTO que se celebrará o martes 30 de outubro de 17:20 a 18:10.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 15/10/2018 - 11:35
|
O próximo venres 19 de outubro contaremos de novo coa cafetería do centro no seu horario habitual.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 08/10/2018 - 17:38
|
Detectáronse casos de piollos no instituto. Solicitámoslles que extremen o coidado das medidas de hixiene para evitar a extensión do problema.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 05/10/2018 - 12:20
|
A semana do 8 ao 12 de outubro procederemos a repartir en 1º ESO a Axenda escolar feminista, axenda escolar do curso 2018-2019, froito da colaboración entre Agareso, ACCP, o IES do Milladoiro e outros centros que forman parte da Rede Galega de Escolas sen Racismo (IES Xulián Magariños, Negreira; IES G. Torrente Ballester, Pontevedra; IES Laxeiro, Lalín; CEIP López Ferreiro, Compostela; CEIP Apóstolo Santiago, Compostela e CPR Vilas Alborada, Compostela). Esta axenda inclúe a biografía de Filomena Fraga, veciña do concello de Ames, redactada por alumnado do noso instituto.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 24/09/2018 - 13:13
|
O martes 2 de outubro terá lugar no salón de actos do centro unha reunión de presentación dos titores e titoras de 4º ESO e 1º e 2º BACHARELATO ás familias co seguinte horario:
- Familias de 4º ESO ás 18:30.
- Familias de 1º e 2º Bacharelato ás 19:00.
O martes 9 de outubro terá lugar no salón de actos do centro unha reunión de presentación dos titores e titoras de 1º, 2º e 3º ESO co seguinte horario:
- Reunión coas familias do alumnado de 1º e 3º ESO para presentar o programa TEI ás 18:30.
- Reunión coas familias do alumnado de 2º ESO ás 19:30.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 19/09/2018 - 18:01
|
Con data do 31 de agosto, o centro recibiu un correo do Servizo de Comedores Escolares no que se nos informaba, por indicación do Secretario Xeral Técnico da Consellería de Educación, Jesús Otaivén Barcala, de que dado o novo sistema de adxudicación, agora centralizado na Consellería, as cafeterías non poderían abrir ata o remate do proceso.
A cafetería non abrirá, xa que logo, polo momento. Hoxe, 19 de setembro, consultamos ao Servizo de Xestión de Comedores sobre a data de apertura e comunicóusenos que se realizará "proximamente".
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Sáb, 15/09/2018 - 10:22
|
REUNIÓNS COAS FAMILIAS
Reunión informativa coas familias e o alumnado de 1º de ESO: xoves 6 de setembro, 18.00
Reunión informativa co alumnado novo no centro de 2º, 3º e 4º de ESO e de Bacharelato e coas súas familias: luns 10 de setembro, 18.30
PRESENTACIÓN DOS GRUPOS DE 1º E 2º DE BACHARELATO
Luns 17 de setembro, 13.00
PRESENTACIÓNS DOS GRUPOS DE ESO
Martes 18 de setembro
1º ESO: 11.30 - 12.30
2º ESO: 12.00 - 12.30
3º ESO e 4º ESO: 12.30 - 13.00
Haberá servizo de bus para o alumnado transportado de 11.30 a 13.00
INICIO DAS CLASES
Mércores 19 de setembro, no horario habitual do centro: 8.50 - 14.30. Tardes dos martes: 16.30 - 18.10
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 04/09/2018 - 09:45
|
Informamos de que está aberto o prazo para solicitar bolsas de estudos do Ministerio para diferentes estudos.
As solicitudes deben realizarse na sede do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Toda a información na páxina do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte [aquí].
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 12/07/2018 - 09:54
|
As listaxes están expostas no centro e poden descargarse nos arquivos adxuntos. No caso das axudas para material escolar, o alumnado con materias pendentes para setembro non figura en ningunha destas listas. Sairá nas listaxes definitivas, o 14 de setembro. PRAZO DE ALEGACIÓNS: exclusivamente venres 13 e luns 16.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 29/06/2018 - 12:34
|
Xornada festiva do alumnado de 4º ESO D, gañadores da III Olimpíada da Convivencia do IES do Milladoiro. V. fotos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 15/06/2018 - 16:23
|
O venres 15 de xuño presentamos ao público o vídeo A rede do IES do Milladoiro. Foi realizado ao longo deste curso por alumnado voluntario de 2º de ESO, nun obradoiro de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), froito da súa colaboración coa ACPP Galicia e o noso centro. Queremos agradecer a Antonio Grunfeld e a María Aneiros o esforzo e a ilusión postos neste proxecto. Velaquí o resultado.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 15/06/2018 - 12:06
|
O alumnado do Club de Lectura de 1º ESO tivo a oportunidade de charlar coa autora da obra lida o último trimestre, Non hai luz sen oscuridade, nun encontro na biblioteca o xoves 14 de xuño.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 13/06/2018 - 10:06
|
QUEDA ANULADO O ACTO DE PRESENTACIÓN que ía ter lugar o martes 19 de xuño, ás 12.50, do libro Historia das nosas avoas no salón de actos do IES do Milladoiro.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 12/06/2018 - 16:44
|
Ao longo do último trimestre, o alumnado de 2º PMAR (Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento) levou a cabo un proxecto de creación dun xornal. Foi a ferramenta para desenvolver diversas competencias (comunicativa, dixital e social). Expoñemos aquí o froito do seu esforzo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 11/06/2018 - 19:57
|
Detectáronse casos de piollos no instituto. Solicitámoslles que extremen o coidado das medidas de hixiene para evitar a extensión do problema.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 11/06/2018 - 11:31
|
Antes do 26 de xuño o alumnado debe deixar baleira e aberta a súa consigna. Pode recoller a copia da súa chave na secretaría do centro.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 11/06/2018 - 09:27
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 07/06/2018 - 17:24
|
O xoves 7 de xuño recibimos ao alumnado que fará 1º de ESO o vindeiro curso. Os seus futuros titores do programa de Titoría entre iguais, que actualmente cursan 2º de ESO, foron os encargados de acollelos e de amosarlles as instalacións: laboratorios, ximnasio, patios, biblioteca, etc.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 07/06/2018 - 12:02
|
O mércores 6 de xuño o alumnado de 2º ESO B participou no último obradoiro deste curso do EPD_Lab e tivo que despedirse, con pesar e agarimo, de Roi, membro de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios).
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 30/05/2018 - 13:03
|
Celebráronse no centro as probas finais para todo o alumnado de 4º da ESO, que non teñen valor académico. O martes 29 de maio foron as de Comunicación lingüística (Lingua Castelá), Competencia matemática e Competencia social e cívica, cunha participación do 5% do alumnado de 4º da ESO. Nas probas do mércores 30 de maio (Comunicación lingüística-Lingua Galega, e Comunicación lingüística-Inglés), a participación foi do 2,5%.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 22/05/2018 - 21:44
|
A LOMCE establece que o alumnado de 4º realizará unha avaliación individualizada ao finalizar a ESO. Dita proba "non terá efectos adadémicos, será considerada mostral e terá finalidade diagnóstica". Segundo circular da Consellería de Educación o IES do Milladoiro resultou seleccionado "aplicando criterios estatísticos (...) para formar parte da mostra de centros participantes". Máis información aquí.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 22/05/2018 - 12:00
|
O venres 18 de maio tivo lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o acto de despedida ao alumnado de 2º de Bacharelato. Desexámoslle moita sorte!
|
|
|
|
|
|
|