QUEDA ANULADO O ACTO DE PRESENTACIÓN que ía ter lugar o martes 19 de xuño, ás 12.50, do libro Historia das nosas avoas no salón de actos do IES do Milladoiro. Historia das nosas avoas é un proxecto interdepartamental no que profesorado de distintas materias propuxo aos seus alumnos e alumnas a recollida de fotografías das súas avoas, así como de información para logo elaborar unhas breves biografías. Os obxectivos eran varios: fomentar o diálogo interxeracional, sensibilizar sobre o papel das mulleres na sociedade, reflexionar sobre os cambios sociais e, sobre todo, homenaxear as mulleres maiores. Se algo queda claro lendo o libro é o moito que todas elas traballaron e cantos coidados e agarimos souberon derramar sobre as súas familias. O proxecto materializouse nunha exposición no centro e na publicación dun libro, grazas ó apoio de Ramón López Facal, coordinador do GI Roda da Facultade de Ciencias da Educación (USC). |
|||