O mércores 6 de xuño o alumnado de 2º ESO B participou no último obradoiro deste curso do EPD_Lab e tivo que despedirse, con pesar e agarimo, de Roi, membro de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios). Con el aprenderon este ano a utilizar as novas tecnoloxías e reflexionaron e debateron sobre moitos temas: a necesidade de loitar contra os estereotipos, a obriga de combater a desigualdade, o cuestionamento dos roles de xénero, a importancia de aspirar a construír un mundo mellor... Son ideas que reflectiron nun mural xigante que elaboraron nesta última sesión. Queremos agradecer a Roi e a Agareso o seu entusiasmo e o seu traballo e esperamos contar con eles o curso vindeiro. Grazas tamén ás profesoras Beatriz Castro e Helena López pola xúa xenerosa colaboración. |
|||