Novas pais/nais

Regueifando no IES do Milladoiro

Deixámosvos aquí  o  enlace  ao  vídeo realizado por  catro grandes artistas  de 1º ESO C:

Marta Méndez, Yago Cepeda, Pablo Antelo e David Porto regueifando para o Enreguéifate 2019.

IV OLIMPÍADA DE CONVIVENCIA

A  IV  Olimpíada  de  Convivencia  chegou  á súa  fin.

HORARIOS DE VERÁN

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO FONDO LIBROS

Os libros prestados serán recollidos polos titores/as exclusivamente os días 20 e 21 de xuño, agás aqueles necesarios para preparar os exames de setembro. Non se seguirán recollendo libros despois desa data. Se, tras a entrega das cualificacións, algún alumno/a necesitase para setembro un libro xa devolto ao fondo, debe pedilo no despacho de vicedirección o xoves 27 de 10 a 13 h.

 

Recordamos que a falta de devolución de todos os libros no prazo indicado ou que non estean en bo estado de conservación para a súa reutilización será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros e material escolar tanto no próximo curso 2019/20 coma nos sucesivos.

O alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria de setembro ten que entregar os libros prestados das materias suspensas no momento da recollida do boletín de notas,  xoves 5 de setembro, ao seu titor/a.

Obradoiro "Habilidades sociais e novas tecnoloxías" de 1º ESO: reunión coas familias

O martes 18 de xuño ás 18:30 teremos a reunión informativa para as familias, coa psicóloga Belén Montesa, responsable deste obradoiro.

Presentación do EPD_Lab en 1º ESO

O alumnado de 2º ESO D, que este curso participou no EPD_Lab, presentoulle este proxecto ao alumnado de 1º ESO,

Xornada de acollida

O venres 7 de xuño recibimos o alumnado que entrará en 1º de ESO o vindeiro curso.

Remata o EPD_Lab de AGARESO

O 6 de xuño o alumnado de 2º ESO D participou na última sesión deste curso do "Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento"

IV Olimpíada da Convivencia

Presentación dos vídeos realizados no obradoiro "Youtubers polo cambio social"

Ao longo do mes de novembro o alumnado de 2º ESO E e 3º ESO E participou no obradoiro "Youtubers polo cambio social".

Concurso de chistes matemáticos

Paula Martínez e Catalina Varela, de 1º ESO D, son as gañadoras do concurso de chistes matemáticos organizado polo departamento de Matemáticas en colaboración co EDLG entre o alumnado de 1º ESO. Parabéns!

Concurso "Xoves talentos"

Parabéns a Laura Pizarro Lema, de 2º ESO B, finalista provincial do premio de redacción de relato breve  "Xoves talentos".

Saída ao Grove: remo en canoa

O martes 28 de maio o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato gozou do sol e das praias do Grove nunha xornada de iniciación ao remo en canoa

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR [2019-20]

Publicada, no DOG do día 20 de maio de 2019, a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.

O prazo único para a presentación das solicitudes e da documentación complementaria comeza o día 21 de maio e remata o 21 de xuño. PRAZO PECHADO

 

    Enlace á aplicación informática

            Resumo da convocatoria

            Extracto da Orde da convocatoria

            Orde da convocatoria

            Solicitude para cubrir en liña e imprimir (Anexos I e II)

 

Devolución dos libros do fondo

Publicación de listaxes e outra información

Despedida do alumnado de 2º de bacharelato

O 16 de maio tivo lugar a despedida do alumnado de 2º de bacharelato, nun acto especialmente emotivo.

Roteiro polo Grove

O 14 de maio o alumnado de 1º ESO realizou unha actividade de sendeirismo polo Grove organizada polo departamento de Ed. Física.

Antón Fraguas, protagonista do Día das Letras Galegas 2019

A figura de Antón Fraguas foi homenaxeada no noso centro mediante os traballos realizados polo alumnado do EDLG e coa representación de Quen ten un mestre etnógrafo?

Xornada sobre "Prevención de condutas adictivas e promoción da saúde na adolescencia"

O vindeiro 15 de maio o Concello de Ames e a Universidade de Santiago organizan unha xornada sobre "Prevención das condutas adictivas e promoción da saúde na adolescencia".

Diario do Milladoiro

A EEI do Milladoiro vén de publicar o seu Diario do Milladoiro, ben xeitoso, no que recolle a actividade de contacontos realizada no seu centro polo noso alumnado de 1º ESO C o pasado 14 de marzo.

Entrega de premios da VI Xornada Gastronómica Francesa

O luns 13 de maio tivo lugar na Biblioteca do centro a entrega de premios aos gañadores da VI Xornada Gastronómica Francesa e de Cociñas do Mundo.

Obradoiro: "Habilidades sociais e novas tecnoloxías" para 1º ESO

A partir do 21 de maio a psicóloga Belén Montesa impartirá este obradoiro nas horas de titoría de cada grupo de 1º ESO.

Saída ao teatro: 'Os fillos do sol'

O alumnado de 1º de Bacharelato acudiu o venres 10 de maio ao Salón Teatro de Santiago para asistir a unha representación d'Os fillos do sol.

Encontro co profesor Ben Feringa, Premio Nobel de Química 2016

O pasado martes 9 de maio, catro alumnos do IES do Milladoiro, acompañados pola súa profesora de Química, tiveron o pracer de asistir a un encontro co Premio Nobel de Química 2016, Ben Feringa.

Correlingua 2019

O alumnado de 1º ESO participou o 6 de maio na XXIX edición do Correlingua en Compostela. Baixo o lema "O galego é a fórmula" esta edición reuniu a máis de 1700 alumnos e alumnas de vinte centros educativos.

Programa de inmersión lingüística en inglés en colonias de verán para 1º e 2º ESO (MEC)

Do 27 de abril ao 22 de maio de 2019 poden solicitarse as bolsas para participar nestes campamentos. Máis información: AQUÍ . BOE: AQUÍ

Visita a Ventín

O venres 12 de abril,  xusto antes de comezar as vacacións de Semana Santa, o alumnado dos  clubs de lectura de 1º, 2º e 3º de ESO visitou o seu antigo colexio.

Nova reunión das Bibliotecas da contorna de Ames

O pasado martes 30 de abril tivo lugar na biblioteca do IES do Milladoiro unha reunión de Bibliotecas da contorna para intercambiar experiencias e proxectos, como a elaboración dunha Guía de lecturas recomendadas de verán 2019 e o III boletín da contorna, que recolle algunha das actividades salientables nas bibliotecas ao longo deste curso.

FIN CURSO 18/19 - INICIO CURSO 19/20. MAIO/XUÑO e SETEMBRO: notas, reclamacións, matrícula, exames, libros...

Achegamos información relativa a todo o proceso de fin de curso e de matrícula e inicio do seguinte (maio/xuño e setembro). No relativo a fin de curso está 2º de bach., por unha banda, e ESO/1º bach. pola outra: é fundamental aterse totalmente ás datas (e mesmo horas) aquí indicadas polo xusto dos prazos legais.

2º de BACHARELATO

           CIRCULAR DA CONSELLERÍA (2º de BACH.)

EXAMES EXTRAORDINARIOS 2º BACH. (xuño)

ESO e 1º de BACHARELATO

            CIRCULAR DO CENTRO (todo o proceso de fin de curso e setembro)

CALENDARIOS DE MATRÍCULA (días e horas, xuño e setembro)

            ENLACE A DOCUMENTOS para o proceso de matrícula

LIBROS DE TEXTO 2019/2020

EXAMES DE SETEMBRO

VI Xornada Gastronómica Francesa e de Cociñas do Mundo

O departamento de Francés do IES do Milladoiro celebrou o 30 de abril  a VI Xornada Gastronómica Francesa e de Cociñas do Mundo.

Micropoemas realizados polo alumnado de ESO

Para conmemorar o Día Mundial da Poesía (21 de marzo) o departamento de lingua castelá traballou co alumnado de 3º ESO o micropoema.

Distribuir contido