O 6 de xuño o alumnado de 2º ESO D participou na última sesión deste curso do "Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento" e despedíronse de Roi, membro da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios. Con eles, ao longo de todo o curso, en sesións mensuais, traballaron coas novas tecnoloxías e reflexionaron sobre moitos temas: os estereotipos, os roles de xénero, a necesidade de aprender a distinguir as noticias falsas das verdadeiras para combater o discurso do odio, a importancia de aspirar a un mundo mellor... Ideas que reflectiron nesta última sesión nun mural xigante que adorna o noso centro. Na web do EPD_Lab podemos ver o traballo realizado ao longo do curso. Moitas grazas a Roi e a todos os membros de AGARESO pola seu entusiasmo e o seu traballo, esperamos contar con eles o vindeiro curso. Grazas tamén ás profesoras Aurora López e Concepción Paz pola súa colaboración. |
|||