O martes 18 de xuño ás 18:30 teremos a reunión informativa para as familias, coa psicóloga Belén Montesa, responsable deste obradoiro.
Nel, en dúas sesións realizadas en cada grupo de 1º de ESO, conseguiuse:
- Realizar un diagnóstico da situación do alumnado respecto ás novas tecnoloxías para detectar e avaliar os usos problemáticos.
- Informar sobre as adiccións tecnolóxicas.
- Reforzar as habilidades necesarias para o uso correcto das novas tecnoloxías.
- Previr o seu uso problemático e os riscos asociados.