|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 29/10/2017 - 18:59
|
O sábado 28 de outubro a profesora María López participou nas II Xornadas da Diversidade celebradas na EGAP de Santiago. Explicou as medidas adoptadas no noso centro para garantir unha convivencia saudable e previr o acoso escolar.
Non é a primeira vez que profesorado do noso centro é convidado a participar como relator, pola nosa experiencia, en xornadas relacionadas con estes temas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 27/10/2017 - 12:45
|
O venres visitou o noso centro o mago Pedro Bugarín e fixo pasar un bo rato ao alumnado de 1º de ESO. Fotos
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 27/10/2017 - 12:28
|
O mércores 25 de outubro tivo lugar a primeira sesión de traballo do grupo de 2ºESO B dentro do proxecto Educación Para o Desenvolvemento_ Laboratorio coa Asociación Galega de Reporteiros Solidarios. Nesta primeira sesión reflexionaron sobre os estereotipos, os prexuízos e os roles de xénero utilizando as novas tecnoloxías.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 23/10/2017 - 17:12
|
A profesora Véronique Voyer, lectora da EOI de Santiago, dará unha charla sobre La francophonie. Le Québec, o martes, 24 de outubro, no salón de actos. Acudirá o alumnado de francés de bacharelato, de 12: 30 a 13: 40. Trátase dunha actividade organizada polo Departamento de Francés.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 23/10/2017 - 16:59
|
O martes 24 de outubro o alumnado de 2º ESO acudirá ó Salón Teatro de Santiago para asistir á representación de Bicos con lingua.
O mércores 25 será o alumnado de 3º ESO quen terá a oportunidade de aplaudir á compañía Talía Teatro coa obra Pelos na lingua.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 20/10/2017 - 13:22
|
Luns, 23 de outubro
- 1º RECREO. Mesa de préstamo na entrada do centro.
- 2º RECREO. Actuacións musicais e entrega de diplomas aos axudantes da biblioteca do pasado curso.
Martes, 24 de outubro
- 1º RECREO. Mesa de préstamo na entrada do centro. FOTOS
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 17/10/2017 - 12:39
|
Convocamos a unha reunión informativa o martes 24 de outubro ás 18.15 no salón de actos do centro.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 12/10/2017 - 13:24
|
Recordamos o procedimento para a reserva de praza:
1) Comunicación á Vicedirección, á profesora Sonia Magariños ou no correo excursiondublin@gmail.com. Non é necesario ter o pasaporte para facer a reserva de praza.
2) Estes alumnos pasarán a formar parte dunha listaxe de admitidos ata acadar o número de 30 prazas. Os seguintes anotados quedarán en espera.
3) Posteriormente, a profesora daralles aviso aos alumnos admitidos para que poidan efectuar o ingreso de 200 euros na conta da axencia antes do 16 de outubro ás 15.00h. Este diñeiro non é reembolsable. O número de conta será facilitado pola profesora. Non é necesario ter o pasaporte para facer este ingreso para reserva de praza.
4) Debe remitirse copia do ingreso ao correo excursiondublin@gmail.com. No ingreso debe figurar no concepto IES Milladoiro e o nome do alumno/a.
Deixamos o programa da viaxe e unha mostra da unidade didáctica desenvolvida o curso pasado (Diary) nos arquivos adxuntos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 10/10/2017 - 15:48
|
A Federación de ANPA Compostela celebrará o 28 de outubro a II Xornada da diversidade, centrada no tema "O acoso escolar". Nela participará unha profesora do noso centro, María López, para explicar o programa TEI e outras medidas de intervención adoptadas no IES do Milladoiro. A xornada está aberta a familias e profesorado. Máis información no arquivo adxunto. Ollo! Nova localización: EGAP
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Ven, 06/10/2017 - 11:28
|
O departamento de Relixión, en colaboración coa Vicedirección do centro, organiza unha saída didáctica a Dublín na que pode participar todo o alumnado de 3º da ESO que estea interesado, aínda que non estea matriculado nesta materia optativa. O martes 10 de outubro ás 18.15 haberá unha reunión informativa para as familias na aula de Desdobre 1. Recordamos que ás 18.45 terá lugar a reunión cos titores de 3º de ESO no Salón de actos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 03/10/2017 - 09:58
|
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia elaborou unha sinxela guía para as familias para orientalas ante o acoso escolar. Pode verse no arquivo adxunto.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 01/10/2017 - 19:29
|
O venres 29 de setembro tivo lugar no noso centro a primeira reunión do proxecto EPD-Lab 2017/2018. Promovido por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), nel vai participar o IES Milladoiro xunto con outros catro centros galegos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 25/09/2017 - 17:18
|
CURSO |
DATA E HORA |
4º ESO |
Martes, 3 de outubro, 18:30 h |
1º e 2º BACH. |
Martes, 3 de outubro, 18:45 h |
2º ESO |
Martes, 10 de outubro, 18:30 h |
3º ESO |
Martes, 10 de outubro, 18:45 h |
1º ESO |
Martes, 10 de outubro, 19:00 h
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 11/09/2017 - 11:58
|
Venres 15 de setembro: presentacións de 1º e 2º de BACHARELATO ás 13.00 h. Non haberá transporte escolar.
Luns 18 de setembro: presentacións da ESO, nos horarios abaixo indicados. Haberá servizo de transporte escolar para chegar ó centro ás 11.30 e para saír do centro ás 13.30.
1º ESO: de 11.30 a 13.30
2º ESO: de 12.00 a 13.30
3º e 4º ESO: de 12.30 a 13.30
Martes 19 de setembro, inicio das clases no horario habitual: 08.50 - 14.30. Tardes dos martes: 16.30 - 18.10
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 10/09/2017 - 12:01
|
O noso novo n.º de teléfono é o 881 867 863.
O novo enderezo oficial do centro é: Paseo da Igualdade, n.º 5.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 05/09/2017 - 13:25
|
O MECD fai públicas as axudas para alumnos con NEAE no curso 2017/2018. V. enlace aquí.
A Orientadora do centro atenderá as familias que teñan dúbidas e queiran solicitar estas axudas os días 11 e 12 de setembro de 10 a 13.30.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 04/09/2017 - 19:29
|
Pode consultarse AQUÍ a listaxe de libros de texto para o curso 2017-18.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Dom, 03/09/2017 - 15:15
|
O martes, 5 de setembro, ás 18:00 h terá lugar unha reunión coas familias e o alumnado de 1º ESO no Salón de Actos do centro.
O alumnado novo no centro dos restantes cursos e as súas familias están convocados a outra reunión, o venres 8 de setembro ás 18.00 no Salón de Actos do centro.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Sáb, 19/08/2017 - 14:45
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 19/07/2017 - 16:31
|
O martes, 5 de setembro, ás 18:00 h terá lugar unha reunión coas familias e o alumnado de 1º ESO no Salón de Actos do centro.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 17/07/2017 - 09:51
|
O BOE do 23 de xuño recolle a Resolución da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, pola que se concede o distintivo de calidade «Selo de Vida Saudable» ao IES do Milladoiro. Este selo supón un "recoñecemento público dos centros docentes que fomenten a aprendizaxe da saúde no ámbito educativo, así como a asunción de práticas de vida saudable e unha educación física que permita o adecuado desenvolvemento persoal e social ao longo da escolarización do alumnado".
Estes distintivos foron entregados por primeira vez en 2016. Dos 41 centros de toda España que reciben este "Selo de Vida Saudable" en 2017, 4 son galegos. O IES do Milladoiro está entre eles.
Nova Nova
Nova
MEMORIA
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 22/06/2017 - 08:03
|
O pasado 21 de decembro, O IES do Milladoiro asinou un acordo co Concello de Ames, con carácter experimental, para que alumnado con condutas disruptivas realizase traballos para a comunidade en dependencias municipais (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmilladoiro/node/735). Ames Radio emitiu un programa no que os entrevistados (unha familia e o director do Instituto) fan unha valoración da experiencia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mér, 21/06/2017 - 20:18
|
O 96,3% do alumnado presentado á Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU) na convocatoria de xuño logra superar a proba. Parabéns a todos/as!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 20/06/2017 - 21:05
|
Durante esta noite máxica celebrarase un sorteo de regalos organizado por Ventín viaxa a Cantabria e alumnado de 3º ESO do IES do Milladoiro:
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Mar, 20/06/2017 - 08:27
|
Hedegasa, empresa que presta o servizo de transporte escolar, informa de que hoxe, martes 20 de xuño, o autobús non puido saír facer a ruta por causas relacionadas coa folga. Indican que o servizo tampouco está asegurado para mañá, mércores 21 de xuño.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 19/06/2017 - 17:01
|
No DOG do 19 de xuño publícase a Orde do 16 de xuño de 2017, pola que se establecen os servizos mínimos durante a folga convocada no sector do transporte e que afectará os martes e mércores de cada semana ata a solución do conflito.
Respecto do que lles afecta aos centros educativos, no apartado b), que alude a Servizos regulares de uso especial para transporte de escolares, dise literamente:
Manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7:30 ata as 10:30 horas e os da saída desde as 13:30 ás 19:00 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 15/06/2017 - 09:33
|
As profesoras que están desenvolvendo o proxecto de "Cine en curso" (Sofía Ardariz, Ana Carballo, Beatriz Castro e Pilar Rodríguez) envían convocatoria para a presentación pública do documental De Milladoiro a Seidón, realizado polo alumnado de 1º ESO D dentro do Plan Proxecta. O visionado será ás 18:30 do vindeiro luns, 19 de xuño, na Casa da Cultura do Milladoiro. A estrea será mañá venres, 16 de xuño, na Cidade da Cultura.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Xov, 15/06/2017 - 09:25
|
Na II Olimpíada da Convivencia o grupo premiado pola súa constancia foi 4º ESO A. Os premiados poderán desfrutar o martes, 20 de xuño, dunha xornada lúdica e deportiva no ximnasio Squash.
A Olimpíada de Convivencia pretende que o alumnado tome conciencia dos espazos públicos como propios, se implique na súa conservación e mantemento, e leve a cabo boas prácticas ambientais. Agradecemos a toda a comunidade educativa a súa colaboración e destacamos a boa colaboración, esixencia e implicación dos alumnos/as voluntarios/as, das ANPA e do persoal non docente . NORABOA!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Lun, 12/06/2017 - 14:34
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Enviado por admin o Sáb, 10/06/2017 - 13:10
|
O alumnado que se matricule en 1º ESO no curso 2017/18 terá que presentar a solicitude para recibir libros do fondo e axudas de material no IES do Milladoiro. O prazo para presentar dita solicitude remata o 23 de xuño. [Máis información]
|
|
|
|
|
|
|