Educación para o desenvolvemento coa Asociación galega de reporteiros solidarios

O venres 29 de setembro tivo lugar no noso centro a primeira reunión do proxecto EPD-Lab 2017/2018. Promovido por AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), nel vai participar o IES Milladoiro xunto con outros catro centros galegos. Trátase de utilizar as novas tecnoloxías para reflexionar sobre o sexismo, a interculturalidade e as relacións Norte-Sur. Neste enlace pódese atopar o resultado do traballo feito o pasado curso polo alumnado do IES do Milladoiro.

A clase seleccionada este ano para participar no proxecto é 2º ESO B, que terá unha sesión ao mes de 100 minutos, en colaboración cos departamentos de Xeografía e Historia e Lingua Galega. A profesora Beatriz Castro será a responsable no centro desta actividade.

Nos arquivos adxuntos podemos atopar a guía didáctica do proxecto, a súa presentación e a relación de contidos que se van traballar este curso.

 

 

 

AnexoTamaño
Encontro con AGARESO.jpg2.4 MB
Presentación EpdLab 17-18.pdf1.14 MB
Guia-Didactica.pdf6.3 MB
Guia de contidos EpdLab 17-18.pdf200.04 KB