O martes 29 de setembro terá lugar no salón de actos do centro unha reunión de presentación dos titores de 4º ESO e 1º e 2º BACHARELATO ás familias co seguinte horario:
- Reunión dos pais cos titores/as de alumnado de 4º ESO ás 18:15
- Reunión dos pais cos titores/as de alumnado de 1º e 2º Bacharelato ás 18:45
O martes 6 de outubro terá lugar no salón de actos do centro unha reunión de presentación dos titores de 1º, 2º e 3º ESO co seguinte horario:
- Reunión cos pais de alumnado de 1º e 3º ESO para presentar o programa TEI ás 18:15, no salón de actos do IES.
- Ao remate (18:45), reunión dos pais de 3º ESO cos titores/as de grupo nas aulas.
- E continuamos a reunión (18:45) cos pais de alumnado de 1º ESO para presentar a Axenda Escolar no salón de actos e logo aos titores/as de grupo para reunirse con eles nas aulas.
- Reunión dos pais de alumnado de 2º ESO cos titores/as ás 19:15 no salón de actos.