O pasado 21 de abril, alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato realizou unha visita, organizada polo Departamento de Xeografía e Historía, á exposición Auschwitz. No hace mucho. No muy lejos. A mostra presenta dun xeito exhaustivo o que foi o campo de exterminio nazi de Auschwitz, convertido en símbolo do horror. Explica tamén o contexto no que se produciu o ascenso de Hitler ao poder (dende a Primeira Guerra Mundial ata a crise de 1929), as características do réxime nazi, os comezos da Segunda Guerra Mundial, a "solución final", o sistema concentracionario, a vida e a morte en Auschwitz, a liberación do campo, a situación das persoas que sobreviviron... Auschwitz. No hace mucho. No muy lejos remata coa reflexión dun supervivinte, sobre os supervivintes. Elie Wies escribiu: " ...intentaron ensinar aos seus contemporáneos como construír sobre ruínas, como inventar a esperanza nun mundo que non ofrece ningunha, como proclamar a fe ante unha xeración que a viu avergonzada e mutilada, e creo, cremos, que a resposta, tal vez a única posible, está na memoria".
|
|||