"HACKATÓN" POLA DIVERSIDADE

O pasado xoves, día 26 de abril, o alumnado de 2ºB da ESO, participante no proxecto EpD_LAB de AGARESO, tivo a ocasión de xuntarse en Silleda co de Vilagarcía, Boiro, Bueu e Viana do Bolo, os outros centros que forman parte do proxecto, para celebrar un "Hackatón" a prol da diversidade na sociedade, nas aulas e nos medios. 

Os/as estudantes tiveron a ocasión de elaborar toda unha serie de materiais audiovisuais para concienciar sobre a importancia da inclusión en todos os ámbitos da vida. Máis información: aquí e aquí.