Skip to Content

Actividades

Día das escritoras 2024

"Día das Escritoras 2024"

A IX Edición do “Día das escritoras” celébrase, este ano 2024,  o 14 de  outubro baixo o lema “A periferia da periferia: mulleres que miraron ao mundo rural”. “Acordarémonos de marabillosas escritoras, poetas e pensadoras -avanza Ana Iris Simón, comisaria desta edición- como Concha Espina, Santa Teresa, Dolores Medio, Mariluz Escribano, Margarita Nelken, Rosalía de Castro, María Zambrano, Gabriela Mistral ou Ernestina de Champourcin. Pero tamén das que non puideron selo. Pois elas e non outras son as que mantiveron e manteñen vivo ese mundo rural e a súa cultura, ese campo, esa periferia á que, en xeral, miramos pouco e mal.”
Dende o IES Plurilingüe de Valga sumámonos a esta celebración coa lectura de textos escritos polas alumnas Saray Suárez (1º Bacharelato), Clara Troncoso, Ana Santiago e Carla Herrero (2º Bacharelato) ademais da escritora padronesa, invitada a este acto, Paula Antía Rey. Tamén interviron o alumnado de Oratoria de 4º ESO, Sara Vila e Froilán Bouzón, que leron unha breve briografía da escritora Pilar Buela, así como un fragmento da súa obra "Ácaros verdes". O acto foi presentado pola alumna de 2º Bacharelato, Carolina Rey. A actividade tivo lugar, no segundo recreo do luns 14 de outubro, na nosa Biblioteca.

"Día das Escritoras 2024"

A Biblioteca celebrou o Día do Libro 2024

Panel de citas polo alumnado Día do Libro 2024

Na Biblioteca do noso centro e, durante a semana do 22 ao 26 de abril, tivemos varias actividades para conmemorar o "Día do Libro 2024". O alumnado expuso no panel instalado para esta ocasión, citas literarias para participar no concurso convocado para esta conmemoración. Nos recreos desa semana, o alumnado de 1º Bacharelato compartiu e falou sobre os seus libros favoritos e houbo un reparto de marcapáxinas plastificados con información sobre diversos autores e autoras.

Por último, o venres 26 realizouse o sorteo do concurso, recaendo os premios, dous vales de cafetaría de 10 euros cada un, nas alumnas de 1º Bacharelato Uxía Brandariz e Lucía Abeledo. A actividade foi organizada polo Equipo da Biblioteca.

Uxía Brandariz de 1º Bacharelato premiada no concurso "Día do Libro 2024"

Marcapáxinas "Día do Libro 2024"

                                       Libros a compartir "Día do Libro 2024"

 

Concurso da Biblioteca para conmemorar o "Día do Libro" 2024

                             Concurso "Día do LIbro" 2024 na Biblioteca

A Biblioteca celebra o "Día das Escritoras"

Alumnas de 4º ESO con lecturas do "Día das Escritoras" 2023

A VIII Edición do “Día das escritoras” celebrouse, este ano 2023, o 16 de outubro baixo o lema “O pracer, a alegría e a risa das mulleres”.: “celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para mulleres educadas na abnegación, o comedimento e o sacrificio" como escribe Marta Sanz da BNE e comisaria da VIII Edición do Día das Escritoras 2023.
Dende o IES Plurilingüe de Valga sumámonos a esta celebración coa lectura dunha antoloxía de textos escollidos pola Biblioteca Escolar do centro, ademais dun taller de chapas e reparto de marcapáxinas. A actividade tivo lugar, nos recreos da mañá do luns 16 de outubro, na nosa Biblioteca.

A celebración complétase cunha exposición de carteis feitos polo alumnado, no corredor da planta baixa.

Exposición de carteis "Día das Escritoras" 2023

                                            Marcapáxinas Día das Escritoras 23

"Día das Escritoras" 2023 na Biblioteca

                            Día das Escritoras 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut