Skip to Content

Actividades

O Equipo da Biblioteca celebrou a "Semana do libro" con diferentes actividades

Alumnado 3º ESO representando "Romeo e Julieta"

A “Semana do libro” celebrouse na Biblioteca entre o luns 24 e o venres 28 con éxito organizativo, mostrando diferentes actividades programadas polo Equipo da Biblioteca. O alumnado de 1º ESO inagurou esta semana con “que morra o conto!”, completándose a semana con outras actividades, nas que participaron alumnos e alumnas dos distintos niveis da ESO e Bacharelato: lectura, en Inglés, de obras de Shakespeare; dramatización da obra “Romeo e Julieta” e dúas sesións de booktubers para recomendar obras literarias, audiovisuais e de arte. Noraboa ao Equipo da Biblioteca e o alumnado participante e asistente a todas elas!!!

Alumnado de 2º Bacharelato na lectura de textos de Shakespeare, en Inglés

Booktubers na Semana do Libro 2023

 

 

Semana do libro na Biblioteca: "que morra o conto!" por alumnado de 1º ESO

Alumnado 1º ESO na Semana do libro con "que morra o conto!"                                                                                                                                logo semana do libro 2023

  Co título “Que morra o conto!”, o alumnado de 1º ESO iniciou, na tarde do         luns 24 de abril, a serie de actividades que o Equipo da Biblioteca programou  para conmemorar o “Día do libro 2023”. Alumnas e alumnos de 1º  ESO leron o libro “Valados” de Agustín Fernández Paz e,  en grupos, escribiron  outro final da historia; a continuación leron os textos que foron redactando.                                                                                                       

 

Alumnado 1º ESO na Semana do libro con "que morra o conto!"

Nadal 2022 na Biblioteca

                 Árbore Nadal 22 na Biblioteca

Dende a Biblioteca do IES Plurilingüe de Valga celebramos un ano máis o Nadal coa colaboración  do alumnado do Ciclo Básico I de Soldadura e Calderaría que elaborou a árbore e do alumnado do Ciclo Básico II que fixo a súa decoración. Ademais, queremos agasallar a toda a comunidade  educativa cunha felicitación navideña con recomendacións literarias para disfrutar da lectura nestas datas.” BO NADAL!.

Máis fotografías da elaboración desta árbore polo alumnado do Ciclo Básico de SOCA picando aquí.

      Recomendacións literarias d eNadal

Concurso para conmemorar o Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero

O vindeiro 25 de novembro é o "Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero" e a Biblioteca convoca III CONCURSO LITERARIO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA: "ARMADAS DE RAZÓN", dirixido ao alumnado do noso centro (ESO,Bacharelato e FP), ao profesorado, persoal docente, nais e pais, coa finalidade de crear conciencia en valores de igualdade e contra a violencia machista. Na imaxe que acompaña esta nova ou no ficheiro anexado podes consultar as bases e premios deste concurso.

                 III CONCURSO LITERARIO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA 

Celebramos o Samaín na Biblioteca

                                         samain2022

Co gallo da celebración do Samaín, o equipo da Biblioteca e o do programa de Titoría entre iguais (TEI) organizaron na Biblioteca o venres 28 de outubro e na última hora lectiva, una lectura dramatizada de contos de terror de Rafael Dieste e Ánxel Fole a cargo dos profesores Abel Turnes, Fran Godón e Suso López para o alumnado de  1º e 3º ESO. Ademais, o equipo de Biblioteca presentou un cartel con algunhas recomendacións literarias de terror e medo que están a disposición da comunidade educativa na nosa biblioteca escolar.

Samaín 2022 na Biblioteca IES PlurilingÚe Valga

Samaín 2022 na Biblioteca

Samaín 2022 na Biblioteca

Distribuir contido


by Dr. Radut