No IES Plurilingüe de Valga seguimos a considerar que como profesionais debemos dar resposta á formación integral do noso alumnado, por iso a prevención de riscos laborais é un elemento clave no seu proceso de aprendizaxe por todo o que lles aporta ao seu desenvolvemento persoal e ó futuro profesional.
Para iso organizamos dende o Departamento de FOL varias formacións axeitadas a cada perfil das familias profesionais que temos, para afondar na prevención e a protección da saúde.
Comezamos, este pasado luns 11 de novembro, co alumnado dos grupos de 1º do C.M. de Xardinaría e Floraría dual e 1º e 2º do CB de Agroxardinaría e Composicións Florais.
A formación foi impartida por Ana V. Meca Juncal, Técnica de seguridade e Saúde Laboral do ISSGA, coa finalidade de proporcionar unha formación específica do sector sobre os riscos inherentes á súa actividade e as medidas preventivas a aplicar.